domingo, 12 de marzo de 2017

Xornada de traballo na Balbina

Onte sábado, cinco patexeiros se achegaron ata Lorbé a traballar na Balbina.


Xosé Manuel estivo pola banda de babor arrincando as táboas podres que temos que sustituir, que son unhas cantas.

Temos traballo na zona da proa e tamén tirando á popa.


Lucas encargóuse de lixar e enminiar as táboas de estribor que xa se botaron no curso de carpintaría.

Tamén se achegou un momento o compañeiro Vicente, ó que encargamos de calafatear as táboas de estribor.

Martiño facíanos a loxística, traendo e levando o material que precisábamos.

E José o Palmeirán estivo aspirando, fregando e limpando a bodega de proa, para logo proceder a pintala.
Na bodega, quedou un cachiño listo, que xa se pintou con minio e o mamparo do pañol de proa con Xylazel, como vedes na primeira foto.

O luns, José Manuel irá preparar a madeira para meterlle.