lunes, 3 de abril de 2017

Prosiguen os traballos na Balbina

Ó longo das últimas semáns proseguiron os traballos de posta a punto da Balbina.


Como xa vos temos contado noutras entradas, desmontámoslle o motor para poder restauralo no noso taller.

Diso se encargan Javi e José Manuel.

No estaleiro, temos a Balbina, na que estamos traballando dende fai unt tempo para poder botala ó mar nos vindeiros días.

Fíxose unha limpeza de casco co fin de darlle patente e unha man de pintura na obra morta.

Tamén fregamos a cuberta e houbo que tratala con lexía para sacarlle o máis gordo. Tiña o verdín metido na madeira.

Limpamos todo o interior e dóuselle minio.

Pintamos mamparos con Xylazel.

A sentina tratóuse con pintura bituminosa Proa.

No interior tamén pintamos unha parte con pintura sintética naval de Proa, que ten un secado moi rápido e unha durabilidade estupenda.

No casco, José Manuel e Lucas estiveron botando uns parches, sustituíndo varias táboas da obra morta.

Tratáronse con minio.

Aplicóuselle patente Proa rojo óxido.


O compañeiro Naveira trouxo unha lixadora de pisos e lixou toda a cuberta, co que quedou coma nova.

Démoslle unha lixadura á caseta e tratámola con Xylazel cor teka.


A cuberta tamén foi tratada con Xylazel teka. Este ano non lle demos alquitrán por ter problemas de tempo e o alquitrán tarda en secar.

Igualmente fixemos cos cuarteis.


Hoxe domingo estivemos rematando a cuberta e dando retoques de pintura na obra morta.

Agradecer nesta varada a implicación de novos socios, José Manuel, Fernando, Vicente, Ángel, Bruno, así como algún que outro colaborador desinteresado coma o amigo Hugo que sacrificou un domingo para vir botarnos unha man.

Agora toca voltar ó mar e a ver se podemos seguir traballando a flote para ir rematando os traballos desta tempada.





domingo, 12 de marzo de 2017

Xornada de traballo na Balbina

Onte sábado, cinco patexeiros se achegaron ata Lorbé a traballar na Balbina.


Xosé Manuel estivo pola banda de babor arrincando as táboas podres que temos que sustituir, que son unhas cantas.

Temos traballo na zona da proa e tamén tirando á popa.


Lucas encargóuse de lixar e enminiar as táboas de estribor que xa se botaron no curso de carpintaría.

Tamén se achegou un momento o compañeiro Vicente, ó que encargamos de calafatear as táboas de estribor.

Martiño facíanos a loxística, traendo e levando o material que precisábamos.

E José o Palmeirán estivo aspirando, fregando e limpando a bodega de proa, para logo proceder a pintala.
Na bodega, quedou un cachiño listo, que xa se pintou con minio e o mamparo do pañol de proa con Xylazel, como vedes na primeira foto.

O luns, José Manuel irá preparar a madeira para meterlle.



lunes, 20 de febrero de 2017

Desmontando o motor Larrán.


Este pasado venres, os socios Javi Naveira e Lucas subiron a bordo da Balbina para empezar a quitar os pernos que suxeitan o famoso motor Larrán da Balbina.


A idea non é outra que a de empezar ca restauración "en serio" do motor, e de paso, aproveitar para limpar e revisar o asento no barco.


Pola mañán xa se deixou o motor libre para empezar á tarde a quitalo e levalo para o noso local.



Ca axuda de Jose Gómez, ós mandos da carretilla, levantámolo do barco e o deixamos no local, onde en breve empezaremos a limpalo a fondo.


Unha vez co motor no local, era tal a felicidade dos patexeiros que ata amenizamos con música a chegada de tan insigne hospede.


Xa vos iremos contando como evoluciona.


o Palmeirán

miércoles, 9 de noviembre de 2016

Varada anual da Balbina

Onte martes, subeu ó carro a Balbina, para a súa varada invernal anual.




Ten unha chea de mexillón que apañarán esta mesma tarde os compañeiros Luisjo e Dolores. Igual lles dá para vender.

Tamén lle lavarán un pouco a cara ca hidrolimpadora.

Logo se irán facendo traballos de mantemento, que falta lle fai.



Hai que cambiar moitas táboas da obra morta, o trancanil, sorraina, cintón, caurel..... puffffffffffffffff!!!!!!!

A ver se o tempo nos deixa traballar nela, non coma outros anos que chovía e chovía sen parar.

viernes, 8 de enero de 2016

Empeza o ano a bordo da Balbina

Empezamos este 2016 facéndolle unha visita á Balbina.


 Alá se foi o primeiro de ano, o patexeiro Javi, a achicar e baldear o barco. Facíalle boa falta.



Como Javier non é unha persoa que se ande con chiquitas, levou un xerador cunha bomba e pegóulle unha boa limpeza á cuberta, que estaba chea de cunchas de mexilón que deixan as gaivotas.



Logo achicou a sentina e deixou a Balbina en perfectas condicións.


Agora a esperar que veña un pouco de bo tempo para poder traballar algo no barco. De momento seguen as choivas.


domingo, 26 de abril de 2015

Barco ó mar

O pasado martes a Balbina deixou o carro para voltar ó mar.

Nesta varada aproveitamos para facer unhas cantas reparacións de urxencia.

Limpamos e pintamos toda a cuberta. Fíxose o caseto do motor. Tamén rematamos as brazolas que faltaban.


Dóuselle unha man de pintura ó pañol de proa.

Repasamos a obra viva, lixándoa, metendo espichos, recravando onde se necesitaba e dándolle Silver e patente.

Na obra morta botámoslle unhas cantas táboas na popa, un tramo do cintón.


E o máis novedoso é o cambio de cor. Abandoamos as cores clásicas da Balbina para pintala do noso corporativo beige Patexeiros, co cintón en marrón.


Tivemos que abandoar o carro sen rematar de todo os traballos porque tiñan que entrar varios barcos ó estaleiro.

Como vedes nas fotos fáltanos por instalarlle a cheminea, os portillos do caseto, arranxar a sorraina e parte do caurel e pintar o folio dun costado e o nome.


A manobra foi perfecta.


Queremos agradecer a colaboración do Estaleiro-Carpintaría Lorbé por axudarnos e asesorarnos con varias cuestións, por facilitarnos a estancia durante tantos meses.

Tamén nesta ocasión agradecemos a colaboración de Pinturas Proa e de Xylazel. Dúas empresas galegas comprometidas coa preservación do patrimonio marítimo.


Seguiremos facendo as reparacións restantes a flote.

martes, 14 de abril de 2015

Cuberta casi rematada

Ó longo desta pasada semán estivemos dándolle varias máns de Xylazel á cuberta e ó caseto da Balbina, para que quede ben protexida.


Leva tres máns, dúas delas cunha mixtura de alquitrán e linaza e a terceira só de Xylazel para que protexa todo o conxunto. Parece que nos está dando bo resultado esta mixtura.



Tamén nos atopamos cunhas táboas podres na popa e procedemos a sustituílas.


Temos tamén que cambiar uns barraganetes, a sorraina, parte do cintón, parte do trancanil e unha parte importante do caurel.



Son cousas que se lle van atopando todos os anos, debido á falla de mantemento. Se o barco estivera sempre ben baldeado, non tería estes problemas, pero é difícil estando fondeado.

A ver se somos quenes de arranxalo todo, senón logo teremos que facelo a flote, pois o tempo de varada vai rematando.

Esta semán seguiremos traballando nela, sobre todo na obra viva, para deixala lista e proceder a darlle a imprimación e a patente.