Outra escapada máis a Lorbé ó mediodia.
Antes de empezar co traballo tiven que achicar o barco porque as choivas dos últimos días fixeron que tivera bastante auga dentro.
Unha vez rematado o achique, estiven armando as brazolas da bodega de popa. Xa as tiña feitas de fai unhas semáns, e hoxe me puxen a asentalas no seu sitio, e unha vez asentadas, fixalas con uns bos tornillos de cabeza exagonal de inox.
As unións van a media madeira, xa que facer unha media cola de milano complicábaseme un pouco.
Practiquéille un pequeno rebaixe para que tapara as cabezas das táboas da cuberta.
Os tornillos van embutidos e irán cubertos cuns tapíns.
Ainda que non están rematadas, porque faltan os tapíns, dinlle unha man de Xylazel Roble Claro para deixalas protexidas do sol e da choiva.
Tamén xa tomei as medidas para empezar, o seguinte día, a facer o cuartel desa bodega.
Palmeirán
jueves, 15 de noviembre de 2012
martes, 13 de noviembre de 2012
Facendo o cuartel do pañol de popa (III)
Nunha escapadiña ata Lorbé na hora de comer empecei a colocar as táboas da cubrición do bastidor.
Deixéille un voladizo de uns 2 cms por motivos estéticos e porque así xa sirven de asas para levantalo.
As táboas van unidas ó bastidor con tornillos de inox. Hai que ter moito coidado á hora de atornillalos, porque o elondo é unha madeira moi dura e o inox non soporta apenas torsión, co que, se te pasas un pouco apretando, parte o tornillo. Pasóume en duas ocasións, e iso que para facilitar o atornillado os embadurno primeiro con graxa.
Os tornillos van embutidos e logo os taparei cuns tapíns.
Nesta foto nótase a pequena curvatura para encaixar na cuberta da Balbina.
Quedóume unha táboa por colocar. Empecei polos costados para poder pechar logo no medio. Agora me atopo cun dilema: mercar unha peza de madeira de elondo e meterlle unha peza só dese tamaño ou aproveitar a madeira que xa teño no local que ten un ancho de 7cms e meterlle dúas pezas.
Posíblemente, por aforro de cartos será a segunda opción, e ó mellor por non complicarme facendo dúas pezas iguais, meteréille unha enteira e un cacho de outra, ainda que o centro quede desplazado un pouquiño e non quede tan bonito estéticamente. Dependerá de como teña o día cando vaia a rematalo. Se estou vago será da maneira máis sinxela.
Como non me podía resistir, levéina ata a Balbina para ver como asentaba na cuberta, e a verdade é que lle queda como un traxe feito por un xastre. Encaixa á perfección.

domingo, 11 de noviembre de 2012
Facendo o cuartel do pañol de popa (II)
O sábado pola mañán continuei co bastidor para a tapa do pañol. Metinlle os dous reforzos nos ángulos e precintei cuns listóns o bastidor para que quedara escuadrado.
Lixei as unións a cola de milano para que quedasen igualadas.
Tamén preparei as primeiras táboas da cubrición de cada lado, ás que lles quitei o macho co cepillo, para empezar a ensamblalas o seguinte día.

viernes, 9 de noviembre de 2012
Facendo o cuartel do pañol de popa (I)
Hoxe venres acheguéime ó noso taller de Lorbé para empezar a facerlle a tapa do pañol de popa da Balbina.
Uns días antes xa preparei a madeira para facerlle o bastidor onde logo irán atornilladas as pezas da cubrición. Tiña pola casa uns sobrantes de madeira de elondo e penso que quedará bonito o contraste co piñeiro da cuberta.
A madeira é machiembrada, co que para facer o bastidor primeiro tiven que quitarlle o macho e a femia a base de cepillo.
Como a cuberta ten unha pequena curvatura, usei un peine de formas para coller a inclinación da cuberta da Balbina, logo a proxectei sobre a peza e con un barrote de madeira funlle dando a forma precisa para poder marcala sobre a peza frontal e traseira do bastidor, que son as que levan a curvatura da cuberta.
O bastidor podíao atornillar simplemente ou cravalo, pero xa que asistin ós cursos de carpintaría de ribeira que organizamos Os Patexeiros, puxen en práctica algunhas unións que aprendín.
Como vedes unín as pezas a cola de milano. É unha unión bastante sinxela de facer, ainda que hai que ter ben claras as cousas porque senón podes ter que descartar algunha das pezas, como me pasou nesta ocasión que cortei unha que tiña que facer de macho, pensando que era femia. Bueno, todo o malo sexa ese. Fixen outra e morreu o conto.
Para reforzar o bastidor metinlle uns ángulos feitos coa mesma madeira e atornillados ás pezas de unión.
Acabáronseme os tornillos e tiven que deixar sen rematar dous dos ángulos.
Púxenme a cortar as táboas á medida para o seguinte día lixalas e atornillalas ó bastidor.
Espero que quede ben. Ten boa pinta.

domingo, 4 de noviembre de 2012
Entre chuvasco e chuvasco
Este xoves tamén estivemos en Lorbé traballando outro pouquiño na Balbina.
Como estaban caendo chuvascos contínuos, ata as 12 estivemos no local, movendo a buceta en construcción para facer un pouco de sitio e traballar máis cómodos.
Rematado ese traballo alá nos fomos cara á Balbina.
Miguel colleu a hidrolimpadora e estivo limpando un pouco a bodega de popa, que tiña falta de desengraxala. Ata que sobre a 1 tivo que marchar.
Fran Vázquez e máis eu estivemos facendo as brazolas do pañol de popa e da bodega de popa.
Os chuvascos nos fixeron parar en varias ocasións, xa que estábamos con ferramenta eléctrica.
Un traballo que nos parecía que acabaríamos en seguida, entre os chuvascos e os problemas que atopamos á hora de asentalas na cuberta, fixeron que alongáramos o tema ata as 6 da tarde.
Deixamos colocada a do pañol, a falta de meterlle uns tornillos algo máis pequenos nos costados e presentada a da bodega de popa, a falta de darlle os últimos retoques e atornillala.
A ver si este fin de semán, se a climatoloxía o permite, poden quedar rematadas estas dúas.

jueves, 1 de noviembre de 2012
Outra sesión máis de calafateado
Este martes tamén me acheguei de novo ata Lorbé para seguir calafateando a cuberta.
Deixei varias táboas da popa listas. A medida que vou calafateando xa vou collendo máis práctica e o traballo vai máis rápido.
Tamén estou usando uns ferros máis finos, que me prestou o estaleiro, e faise mellor o traballo.
Agora xa vou traballando sobre dúas fendas ó mesmo tempo, para non ter que ir para atrás de cada vez.
Unha vez que acabei, e vendo que hai posibilidade de choiva para estes días, dínlle unha man de Xylazel roble á parte da cuberta calafateada, para que non quede tan desprotexida.
O xoves volveréille a atacar, a ver se desta vez xa con algo de compaña patexeira, se a climatoloxía nolo permite.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)