Larrán

Nota: Esta información sobre os motores Larrán pode ter algún erro, xa que ainda estamos recabando información co que algunha pode ser inexacta.

UN POUCO DE HISTORIA

A fábrica de motores Larrán foi fundada no barrio barcelónes de Gracia  entre finais dos anos 40 e primeiros de 1950, por D.Genaro Larrucea (1897-1986) e D.Andreu Torrens, que colleron os comenzos dos seus nomes para crear a marca Larrán.

O domicilio da fábrica era na C/ Tres Señoras, nº5.



Empregados da Fábrica de Motores Larrán



Anuncio publicado no periódico La Vanguardia Española do 30 de decembro de 1950


Distintos anuncios de Larrán no periódico La Vanguardia nos anos 50

Cónstanos que estivo en activo ata polo menos o ano 1962 porque atopamos este anuncio no periódico La Vanguardia Española do 1 de marzo de 1962 no que se demandan Axustadores e montadores para a fábrica.

Anuncio publicado no periódico La Vanguardia Española do 1 de marzo de 1962


Asimesmo, tal e como apreciamos nestoutro anuncio publicado tamén en La Vanguardia, construíron motores de 8,10,20 e 40 HP

Anuncio publicado no periódico La Vanguardia Española do 16 de decembro de 1953

O NACEMENTO DE LARRÁN

Segundo fontes non confirmadas, os propietarios da pequena fábrica artesán Bosch Dumenjo tiñan pendentes de subministrar uns motores á Armada Española. 

Unha vez rematada a Guerra Civil Española, dende Madrid contactaron con Genaro Larrucea Yarritu, que posíblemente fose xefe do parque móbil militar en Barcelona, para que se interesara polo tema destes motores.

Ó parecer, había certas dificultades para poder fabricar e entregar debídamente éstes motores. Visto o asunto, o Sr.LARRucea asocióuse co señor ANdreu, que andaba metido no mundiño dos automóbiles, e fundaron a marca LARRÁN.

Éstes, melloraron e modernizaron tecnolóxicamente os motores e os comercializaron por toda España e as Illas Baleares.

En Galiza instaláronse moitas unidades destes motores, a traveso dunha compañía ubicada na Coruña, que se chamaba FARESCO (parece ser que era Fariña y Cº).

Cando esta empresa foi disolta, un traballador seu, Francisco Manzano, continuou vendendo repostos en Galiza.

Ó cabo dos anos, cando os dous sócios Larrucea e Andreu, xa se atopaban maiores e decidiron pechar a pequena fábrica de Barcelona, un señor chamado Miguel Nicolau, que tiña traballado como encargado na fábrica de Barcelona, e posteriormente tamén como representante e distribuidor dos mesmos motores, cando a fábrica cesou a súa actividade e para manter a continuidade nos motores e as pezas de reposto, - vendo que ainda había neses intres moitos motores en funcionamento instalados en barcos pesqueros, en golondrinas, nalgún barco de recreo e tamén nos prácticos de portos e na Armada Española - , adquireu maquinaria, planos, modelos de fundición, utillaxes, banco de probas ó freno e demáis accesorios para a fabricación de pezas e motores e os trasladou a San Carlos de la Rapita, na provincia de Tarragona, xunto ó porto dos Alfaques, dónde se acabaron de modernizar nalgúns aspectos.


Pouco a pouco os motores fóronse sustituindo por outros máis modernos, menos pesados, máis potentes e menos voluminosos, e esa evolución normal do progreso foi acabando cos LARRÁN, UNANUE, HMR, AYON, PAZÓ e tantos outros dos cales hoxe casi non queda nin o recordo excepto nos museos, xa que os máis xoves non chegaron a coñecelos e moito menos velos funcionar. No seu día éstes motores axudaron a moitos mariñeiros a levar o sustento para as súas familias.

A Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros pretende rescatar e poñer a andar o motor Larrán que equipa a Balbina para que as novas xeracións poidan ver como funcionaban estes estupendos motores que contribuiron ó desenrrolo industrial e económico do Estado en tempos moi difíciles.

(Agradecementos ó Señor M.Nicolau por proporcionarnos e redactar todos estes datos)

O LARRÁN DA BALBINA

O motor Larrán que equipa a Balbina é o modelo DM-3 a 900 r.p.m. O seu número de serie dí que é o motor nº 70. Este motor equipa unha caixa embrague-inversor moi robusta, que prácticamente é a mesma que se montaba no motor de catro cilindros (DM-4), e tamén pero con algunha variación é similar á do motor DM-6 de seis cilindros e 60CV, polo que é sobrádamente dimensionada. 

 
 
A marcha avante é a base de conos en baño de aceite e a inversión (marcha atrás) con un conxunto de satélites e planetarios encerrados nunha caixa, que ó frenala cunha faixa accionada por unha leva exterior produce a inversión da marcha.

A bomba de auga de refrixeración do motor solía ser unha bomba alternativa de pistón buzo, de doble efecto (unha parte para a refrixeración e outra para achique), accionada por unha excéntrica acoplada ó extremo de proa do árbol de levas, co corpo de bronce e os pistón con dous coiros e as válvulas tamén de bronce, sin muelles (actúan por gravidade), as cales deben estar perféctamente reguladas nos séus topes para un bo funcionamento.

Este motor leva instalada unha bomba inxectora sistema Bosch, fabricada por Bustingorri, pero o regulador de velocidade constante o levaba incorporado o propio motor, regulaba moi ben, o que lle permitía que estando o motor ó ralentí se poidera embragar sen que se calase, senón que automáticamente se recuperaba él só sen necesidade de acelerar manualmente.

(Información técnica facilitada polo señor M.Nicolau)



Estado inicial do motor da Balbina en 2009




Intentando arrancar o motor da Balbina en xuño do 2010




Mando do gas e manómetro do motor Larrán da Balbina


Motor Larrán da Balbina a primeiros do ano 2012

3 comentarios:

  1. Me llamo José y tengo un pequeño taller
    Reciente mente e rescatado de la fundición un motor LARRAN de dos cilindros y un LAVAL 108 B semi diesel de un barco de pesca de los años 20 de 12 m eslora y 5 m manga y pienso darles vida de nuevo.
    si me dais un enlace os mando fotografias.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Buenos días Jose. Me gustaría que me mandaras fotos, soy nieto de Jenaro Larrucea Yarritu. Tengo un catálogo original de un motor Larran por si te pudiera ser de ayuda tener una copia.

      Eliminar
  2. Buenos días, estoy escribiendo un artículo sobre motorización y me vendría muy bien una foto de un Larran; soy tripulante del patache Joaquín Vieta, de Noia, que monta un Cummins de los años 60...

    ResponderEliminar