viernes, 8 de agosto de 2014

Comida a bordo da Balbina

O pasado domingo día 3 de agosto, varios patexeiros, tripulantes e patróns habituais da Desexada, Feituca e Boaventura, saíron a dar unha volta na Desexada e achegáronse a Lorbé a facerlle unha visita á Balbina.


Aproveitando o bo día,  xantaron a bordo, así que por un día as gaivotas viron ocupado o seu restaurante habitual.

Rematado o xantar aproveitaron para achicala e baldeala, senón xa sabían cal sería o primeiro comentario do presi.