viernes, 20 de abril de 2012

Achique e baldeo

Hoxe venres, Francisco e máis eu collemos o chichorro do galpón patexeiro e alá nos fomos achicar a Balbina, que con todo o que choveu, e ainda sen tapar o caseto do motor prevíamos que tivese moita auga.

Para sair da rampa tivemos que loitar co forte mar de fondo que sempre hai na rampa de Lorbé. Según os mariñeiros do lugar débese á construcción do novo espigón. E non pasamos sen molladura nos pés. O de sempre, deixamos as botas na casa e así nos vai.

Cando chegamos á Balbina o que máis nos sorprendeu foi o limpiña que estaba toda a cuberta. Desta, as galiñas do mar non a tiñan toda emporcada. Debe ser que o alcatrán que lle demos á cuberta funciona como repelente anti gaivotas.

Nada máis quitar a lona que malcubría o motor, vimos que tiña moita, pero moita auga, tanta, que pensamos que este barco en vez de ser un patexeiro debería ser un barco alxibe.

Mentras Francisco conectaba a bomba de achique eu empecei a baldear a cuberta que tivo que sufrir nestes días moita auga doce.

A bomba funcionaba a pleno rendemento pero o nivel non baixaba, así que empezamos a achicar co caldeiro e co capazo para axudar á bomba.

Moitos capazos e baldes despóis, a iso das seis e vinte da tarde xa estaba completamente achicada. 

Tapamos un pouco mellor o motor e alá volvemos cara a rampa. Démonos conta que o chinchorro facía máis auga ca a Balbina, e Fran iba achicando mentras eu remaba.

Ó chegar á rampa, de novo loitar co mar de fondo, e de novo molladura nos pés. Non me olvidarei de meter as botas de auga no coche.

Unha tarde productiva porque o achique é baldeo da Balbina é moi importante.

Palmeirán