Roberto xa estivera o martes dándolle unha man de patente á metade do barco.
Eu estiven o mércores ó mediodia facendo varios traballos. Por unha banda estiven lixando a última cornamusa de proa que ainda estaba por lixar, colocando as dúas e pintalas. Ésto era imprescindible para poder amarrala no fondeo.
Tamen continuei dándolle patente ó resto do barco, deixando a parte de abaixo da metade para proa por ter que marchar.
Pola tarde quedei alí de novo con Roberto e con Martiño.
Mentras Roberto acababa de darlle a patente, Martiño adicóuse a poñer os ánodos.
Eu, como vedes, trouxen unha pequena patexeira que tamén colaborou lixando, pintando a cuberta, aspirando o pañol de proa e quitándolle toda a cinta de empapelar ó barco.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEirK9VX3WduhQS4Q8xXQvC0FSV3KUM5rhSsSlAxYYFZKyxYzSifMHdp1Fb8V9fwJK58JvX3-Mxm9njOsVqMx9IkoDNrASbK3kQd1SlYuBASe4wXEEZ-bLkpNK40B4UKnotCbTchx8Dn11o6/s320/27MAR2012+001.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj1p-wf3vhCIUp5WdNyJ9i-zoOY9iBKZJ85R4CPU172r25a0NUsiv0HKWh-FTNXLBVhHPRO6iH_BZL4UQ8Ed2tZoxE-Gec_w9JjLk_cU5VwzNFqghhjUgoYl_Ug563vnMlTqYObdCpJ4OdU/s200/27MAR2012+029.jpg)
E iso foi o que fixemos entre os dous. Ó final da tarde quedou o pañol de proa limpo de novo. Démoslle alcatrán por dentro ás táboas novas que se botaron nas amuras, tamén pintamos o mamparo de alcatrán e lasur.
Pintamos tamén co mesmo mexunxe parte da popa ata o motor, que só tiña unha man.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjJhoz9dmIRozl2VNon82NWLhofnDxOWXQpNps9enZexRXLf-YIBMJhyphenhyphenkyATpaH_Q18ihidUd5IaneFsoOO6PxDU-PrDNKZCdZLrCzwYcz-yQ4Tx-cFvDgRvcclEJPlgVtfAveyBQhyphenhyphen7aTT/s320/27MAR2012+008.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhXCd2CeOqF8OGI0vHpJXS6lBMcC2NY60PZQn0Na3clRj_7MIAbtRI1eRZ7uPJ8CjOkm0KCst_ZXoy5viP_h5EqfRA8PhQ9SmRTfgm5w1WVqd6f9fiUwPTNHFu1jTmhIHaOQMzO18MmqRoV/s200/27MAR2012+034.jpg)
Logo Roberto foi quitar o seu barco para deixar libre o fondeo para a Balbina e Martiño rematou de dar a patente que faltaba.
Subimos todas as táboas que estaban no carro a bordo e deixamos todo listo para facer a manobra ó día seguinte.
Palmeirán
A botadura
O xoves pola mañá estaba previsto botar Balbina ao mar, cando cheguei a Lorbé xa estaba o fillo de Pepe coa faena, axudado por Eduardo que se encargaba de controlar o motor e outros habituais de Lorbé.
A maniobra de baixada transcurriu sen incidentes dignos de mención.
Ao pouco chegou Agustín que se ofreceu para ir na Balbina e asegurarse de que quedaba ben amarrada.
Un pesqueiro de Lorbé encargouse do remolcado a toda presa, non creo que tardaran nin dez minutos en estar de volta.
Xa temos de novo a Balbina no mar lista para criar mexillóns a tuti pleni. Xa se sabe o que pasa nesta zona, calquera cousa que toque a agua convértese nunha batea. Nestas augas non se pode bañar un máis de 10 minutos seguidos sen sair cun bivalvo enganchado.
Ainda queda traballo que facer no barco e non é o mesmo traballar en terra ca ter que ir remando para calquera cousa que se lle queira facer, pero é o que nos toca e senón traballáramos máis cando estaba no carro.