Hoxe xa deixei rematado o bastidor para empezar a poñer as táboas do cuartel do pañol de proa.
Non me chegan, pola medida, as táboas de xatoba, para facelo completo, así que vou facer o bastidor de xatoba e poñer as táboas da cubrición de piñeiro. Éche o que hai. Este ano a economía está mal para todos e hai que botar man do que hai polo taller.
Non puden quedarme a rematar, así que espero facelo o seguinte día que vaia por Lorbé.
Palmeirán.
jueves, 28 de febrero de 2013
miércoles, 27 de febrero de 2013
Brazolas do pañol de proa
Hoxe, con moito frío en Lorbé, o termómetro marcaba 5º, coloquei as brazolas do pañol de proa.
Falta sellalas e tapar os tornillos con tapóns de madeira.
Tamén collín as medidas e teño preparadas as primeiras táboas para empezar a facer ese cuartel.
Palmeirán

sábado, 23 de febrero de 2013
Rematando a cuberta
Esta mañán de sábado xuntámos en Lorbé, Miguel Marta e mais eu para traballar algo na Balbina e intentar rematar de botar as táboas da cuberta.
Estivemos primeiro no local preparando as táboas para poñer na cuberta.
Unha vez na Balbina tardamos bastante en asentalas, porque o primeiro bao da proa ten uns pequenos defectos e houbo que traballar as táboas para asentalas ben.
Ainda así despóis de varios cortes, cepilladas e lixadas conseguimos que quedasen bastante ben.
Démoslle tratamento xilófago e empezamos a presentar as brazolas do pañol de proa.
Hoxe recibimos a visita de varios patexeiros que pasaron a darnos ánimos. Primeiro chegou Martiño que chegou ás súas horas habituais (nunca antes das 12:30), jejeje. E logo chegou a familia numerosa de Ana, Miguel e os seus pequenos, que por moito que lles insistin non quixeron subir ó barco. ¡¡¡A ver se nos van a sair de secano!!!!
Sobre as 2 e cuarto empezamos a recoller, pois xa non daba tempo a máis. As brazolas quedaron medidas e pendentes de corte e colocación.
A ver se o seguinte día, se non chove, quedan colocadas e xa podemos empezar co cuartel do pañol de proa.

viernes, 22 de febrero de 2013
Facendo as brazolas do pañol de proa
Outro día máis sen poder ir á cuberta da Balbina. Caían chuzos en Lorbé.
Así que me puxen a preparar as brazolas para o pañol de proa.
Xa tiña preparados uns listóns de eucalipto ben curadiño e paséinos pola serra para facerlles unha entalla que encaixará nas táboas da cuberta.
Logo dinlle tratamento funxicida.
A ver se mañán se poden colocar.
Tamén aproveitei para darle Xylazel roble á tapa da fogonadura que fixen o día anterior.

miércoles, 20 de febrero de 2013
Sigo na cuberta
Onte martes acheguéime a Lorbé a ver se remataba a cuberta.
Non tiña madeira de medida suficiente para rematar toda, así que só pechei o tramo que fixera o día anterior.
Non me chegou a madeira para rematar as dúas taboas da proa.
Aproveitei tamén para facer a tapa provisional da fogonadura..

sábado, 16 de febrero de 2013
Traballando na cuberta
Ademáis do gripazo descomunal que me tivo fora de combate por dúas semáns, o tempo tampouco nos axudou moito. Este inverno foi moi duro en temporais e choivas. De todos os días que estiven en Lorbé, dende que varamos a Balbina, prácticamente choveu todos, co que só podía ir á cuberta nos momentos que había unha pequena tregua coa choiva.
Hoxe, sábado, por fin, por fin un día que non chove e puden ir traballar á cuberta da Balbina, ainda que non puden traballar todo o tempo que quixera porque había outros compromisos a nivel de relacións da Asociación que tamén houbo que atender.
Estiven dúas horas escasas nas que me adiquei a achicar a Balbina, que volvía a ter bastante auga, e a despexar a cuberta de proa para intentar rematar de botarlle eses tramos que quedaron sen botar do ano anterior.
As dúas táboas de madeira que quedaban só me deron para o tramo que vedes.
Agora teño que preparar unha pouca madeira máis para colocar o que falta e rematar.
Intentaréino pola semán se o tempo me deixa.
Palmeirán.
viernes, 1 de febrero de 2013
Segunda man ós cuarteis
Hoxe venres, o tempo non deixaba nin sacar a cabeza fora. Choiva, e choiva, e máis choiva.
Houbo que traballar dentro do local, así que aproveitei para darlle a segunda man de Xylazel lasur ós dous cuarteis que xa están feitos, e así deixalos a secar e en canto sequen, listos para colocar.
O do pañol de popa, tratado con Xylazel lasur Teka, con esta segunda man queda un pouco máis oscuriño, pero moi bonito.
O da bodega de popa tamén colleu unha tonalidade máis bonita nesta segunda man, co lasur Roble que lle demos.
Como acabei moi rápido de aplicarlle a segunda man, e como non se podía sair afora a cuberta da Balbina, nin se podía levantar polvo no local preparando máis madeira, aproveitei para ordear un pouquiño o local patexeiro, colocando a madeira a utilizar toda xunta, e limpando un pouquiño, que sempre se agradece ter o taller adecentado.
A ver se o tempo nos deixa continuar na cuberta.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)