miércoles, 31 de diciembre de 2014

FELIZ ANO 2015 E BOS VENTOS


jueves, 11 de diciembre de 2014

Varada da Balbina

O pasado mércores 19 de novembro, a Balbina subeu ó carro, para a súa varada invernal, e intentar acometer os traballos pendentes.


O sábado acudín a rascar o mexilón que tiña pegado. Cerca duns 200 kilos do famoso bivalvo quitéille da obra viva. Está visto que as patentes de agora non son como as de antes.


Tamén hai que decir que o ano anterior non fixo varada e o barco non se moveu en todo o tempo, co que era de esperar tal fartura.

Chovía sen parar e só lle puden quitar o mexilón e o arneirón, pero non lle puden dar coa hidrolimpadora. Non era cuestión de andar con aparellos eléctricos co diluvio universal.


Pola semán achegóuse a patexeira Dolores a rematar o traballo na obra viva e doulle unha pasada ca hidro.

Agora tócalle á limpar a cuberta.