Construída no ano 1944 polo
carpinteiro de Bañobre, Don Constantino García, foi equipada cun motor
Kennat de 4 cilindros que desenrolaba 20/25 hpe. A velocidade era de 6
millas por hora.
En 1948 se lle cambiou o motor por un KERMATH de 4 cilindros de 4 tempos que daba unha potencia de 40 hp.
No
ano 1958 se lle instalou o motor que tén actualmente, un Larrán de 3
cilindros e 4 tempos, de arranque con sistema de mechas, que desenrola
20 cv.
A piques de ser desguazada , e tras conversas co armador, no ano 2009 acórdase o contrato de cesión á A.C.M. "Os Patexeiros"
No
ano 2010 pasa a ser propiedade da Asociación Cultural Mariñeira "Os
Patexeiros", que teñen como obxectivo restaurala e aparellala coa súa
típica vela latina que portou antaño.
O seu porto base está en Sada - A Coruña, ainda que se pode ver a miudo fondeada en Lorbé - Oleiros.
O seu porto base está en Sada - A Coruña, ainda que se pode ver a miudo fondeada en Lorbé - Oleiros.
A Balbina adicábase sobre todo á captura
do patexo, un pequeno crustáceo que era utilizado para fertilizar as
leiras.
Os patexeiros descargaban a súa captura varando na praia de Sada, e alí era trasvasada ós carros de vacas e ás zorras que se achegaban á praia, e que logo levarían ó seu destino nas leiras da comarca.

No hay comentarios:
Publicar un comentario