sábado, 30 de abril de 2011

Reparacións a flote


A Balbina xa está no mar, este xoves tivo que sair do carro, apurada por mor dun pesqueiro que tiña unha via de auga, pero ainda non está acabada, co que tivemos que facer as reparacións a flote.


Facendo uso dun dos botes auxiliares, - sí, é de polietileno e fibra, pero non llo digades a ninguén -, nos achegamos dende o peirao ó fondeo, Chicho, Carlos, Fran e mais eu, Palmeirán.

Chegamos sobre as 6 da tarde, e ainda lle demos caña ó asunto.

Fran e Chicho colocaban as táboas dos entretambuchos e facían a táboa de peche da cuberta de popa. Como vedes, quedóulles estupenda, digna de profesionais.

¡Si é que os Cursos de Carpintaría de ribeira que organizan Os Patexeiros dan mois bos resultados!






Carlos e máis eu pintábamos o interior do pañol de proa. E entre o "balanse", os efluvios da pintura e do alcatrán, e os efectos da cervexa, a verdade e que estabamos empezando a estar algo mareados, pero resistimos como cosacos ata que rematamos.





Uns a popa e outros a proa parecía que estabamos nun duelo do oeste. Ás veces os da popa achegábanse á proa para decirnos ¿pero ainda ides así?. Doutras veces éramos os da proa os que íbamos á popa para decirlles "esa táboa non queda a paño". E entre risa e risa pasamos unha moi boa tarde de venres, desestresándonos e a bordo do noso barco.

Sobre as 9 da tarde, recollemos os bártulos, voltamos ó noso auxiliar e botándolle a última mirada á Balbina voltamos ó peirao.

Por certo, decirvos que tanto á ida como á volta me tocou remar a min. Si é que esta xente agora está acostumada a darlle ó motor, e din que lle saen callos nas máns se reman.


Mañán é outro día.

by Palmeirán

miércoles, 27 de abril de 2011

Xa falta menos

Aquí tedes unha imaxe de como van os traballos na cuberta da Balbina. A sección de popa está casi rematada a falta da taboa de peche.


Dende o tambucho de popa ata a proa faltan unhas cantas táboas tamén por poñer, pero quedamonos sen madeira, e mañán terá que ir para o mar porque o estaleiro necesita o carro. Así que teremos que acabar os traballos a bordo.

Xa temos desculpa por se nos din que non quedou moi ben, botarémoslle a culpa ó "balanse".

By Palmeirán

domingo, 24 de abril de 2011

CASE A PUNTO




Nesta Semana Santa, seguimos os traballos coa Balbina. Foi difícil, porque o tempo non estivo nada bo, pero ahí estivemos.



Luns, martes e mércores alá estiveron Fran, Francisco e Pepe, nos ratos que o traballo ou o tempo lles deixou para continuar coa cuberta. Logo, o xoves fumos Jaime, Ana, Martiño, e mais eu a intentar darlle os últimos toques ao casco, e onte sábado alá estiveron Francisco, Martiño e Pepe seguindo coa cuberta, mentras o Jaime e máis eu nos adicamos a outras labores loxísticas.

A verdade que a cuberta está a quedar francamente ben. ¿Quén dixo que os cursiños dos Patexeiros non tiñan un Post Grado?. Ahí o tedes, despois de facermos o cursiño, alguns fixeron un "Master" en colocación de cubertas. E lles está quedando moi ben, por certo.












E como non, a pintura. Mentres uns botaban toda a patente que a choiva nos permitiu, outros pintabamos a nosa identidade nas amuras e nas aletas do barco.

Hai traballos agradecidos, pero este de pintar un folio dun barco que hai 3 anos estaba condenado ao desmantelamento, de verdade que e dos mais pracenteiros. O que costou que este xoves puideramos chegar a pintar ese número.....

Pero xa está, xa está salvado, e xa está ahí, que é o que conta en definitiva.

Agora, xa pouco queda. Tan só rematar a cuberta, da que queda só a parte central, rematar de pintar no interior, e facer as tapas dos tambuchos.

Pero iso xa será no mar. Alá levaremos a nosa maquinaria no auxiliar e a seguir traballando.

by Miguel

domingo, 17 de abril de 2011

FIN DE SEMÁN MOI MOVIDO

Este fin de semán Os Patexeiros fixemos un gran desplegue de medios humáns e técnicos para ir dando os últimos coletazos á Balbina, que o vindeiro día 26 ten que sair do carro.

O venres, Carlos, Pepe e máis eu, o Palmeirán fixemos unha avanzadiña preparando o terreo para o que sería o gran desembarco do día seguinte.

Fun o primeiro en chegar e púxenme a darlle alquitrán á madeira descuberta da parte da sentina pero en seguida tiven que parar porque o alquitrán estaba moi espeso, non estaba quente, nen tiñamos augarrás para rebaixalo, e na ferretería tampouco.

Carlos púxose a darlle fondo ás táboas da cuberta.

Cando chegou Pepe coa madeira, empezamos a facer o mamparo de proa. Xa cerca da última hora achegouse Agustín. Deixamos o mamparo empezado, e recollémonos coa esperanza de darlle caña ó día seguinte.

O sábado, cando eu cheguei, como sempre xa estaba Fran Vázquez alí, serrando un medio bao. E pouco despóis foron chegando os demáis. Sendo o día coa asistencia máis numerosa para traballar na Balbina dende que está no carro. Nada máis e nada menos que nove Patexeiros, contanado a Ana que nos trouxo a loxística, conformaron o Comando Balbina deste sábado.

O traballo foise repartindo máis ou menos por parellas.

Jaime empezou dándolle fondo ó resto das táboas que conformarán a cuberta, e logo, xunto con Xose Lagares empezaron a darlle unha man de pintura Azul Balbina do noso esponsor pinturas Proa.

Fran Váquez rematou e colocou un medio bao e foi dándolle forma á nova baldera de eucalipto (tamén chamado arcolito por algúns nativos) .

Pepe e Miguel remataron o mamparo de proa que se empezara onte, mentres que Agustín e máis eu facíamos o mamparo de popa.

Martiño, que veu, como sempre rexido polo seu propio huso horario, adicóuse a sacarlle ferruxe ó volante de inercia do motor.

En canto acabamos os mamparos, Jaime raudo botóuse a eles armado cunha brocha para darlles unha man de fondo, do que non diremos o nome do fabricante porque non nos esponsoriza.

Ó mediodia, Ana, que tomou as rendas da loxística nos trouxo ferramenta e unha soberbia comilona a base de tortilla, e empanadas feitas por ela á que tamén aportaron algúns manxares Agustín e Pepe. Os demáis puxemos a boca, o estómago, e as ganiñas de comer.

Fran tivo que marchar, deixando encargado de rematar a baldera a Miguel, que se convirteu nun mestre do manexo da trencha facendo unhas medias colas de milano perfectas.

Pola tarde, parecía que todos lle tiñamos un pouco de respeto a empezar a botar a cuberta e andivemos algo desperdigados. Pepe e Agustín empezaron o mamparo do motor cara a proa, eu púxenme a darlle alquitrán á madeira de debaixo do plan da proa, Lagares e Jaime seguían pintando, e Martiño desenferruxa que te desenferruxa. Ata que xa sobre as sete da tarde, tras varias presións pola miña parte (son un pesado, xa o sei, pero había que empezala), Pepe me dí, "veña, imos a pola cuberta". E alá nos puxemos os dous (él de mestre e eu de pinche) a sacar a primeira peza da banda de babor, e tras varias dúbidas e cun pouco de medo xa que dispoñíamos só de unha táboa do ancho necesario, Pepe se decideu a cortar, e en canto a presentamos contra o trancanil, ¡¡¡¡ eureka !!!! ¡¡¡ estaba perfecta!!!!.


E tras a alegría do traballo ben feito, empezamos a recoller todo o desplegue de medios (dúas ingletadoras, dúas caladoras, tres taladros, un cepillo eléctrico, un aspirador industrial, trenchas, martelos, escofinas, cepillos, etc....) Ser, non o seremos, pero profesionais parecémolo.

Mañán domingo iremos de novo darlle outro ataque ainda que seremos algún menos.

by Palmeirán

jueves, 14 de abril de 2011

Seguimos pintando

Este pasado fin de semán seguimos dándolle minio con linaza.

O venres xa chegamos algo tarde, arredor das 6. Chicho e máis eu puxémonos a darlle ó pañol de proa, deixándoa lista para pintar.

Mentras, Carlos fregaba as táboas do plan.





O sábado xa se veu máis movemento abordo da Balbina.

Pepe liberou de estorbos o barco, baixando todo o que había dentro e estorbaba para traballar nel, e unha vez que chegou Juan Luis, o mecánico, que veu traballar no motor, se puxo a limpar o filtro e outras pezas, facendo de asistente do mecánico.


Fran Vázquez e Xose Lagares estiveron dando minio na popa e rematando de rascar algunhas zonas mal rascadas.

Eu me puxen co minio na bodega de proa.


A Miguel tocóulle asistir á clausura das Xornadas, pero prometeu vir pola tarde.

Juan Luis viña con gañas de arrancar o motor, pero veu que a maioría das pezas de movemento, estaban agarrotadas, co que se pasou toda a mañán desenferruxándoas e lubricándoas ata que se moveron perfectamente, desmontando o filtro que limpou Pepe con gasoil, e quitando a cadea que hai que sustituir. Tamén levou a manivela para facerlle un casquillo novo.

A partires das 3 da tarde, quedéime eu só, rematando o interior da popa, e parte da bodega de popa.

Sobre as 6 chegou Miguel, moi ben acompañado. Nada máis e nada menos que por Mar, a representante de Caixal Proxectos e Victor, o presidente da Federación, que quixo ver in situ o traballo que estamos a facer na Balbina.

E entre unha cousa e outra o tempo xa non dou para máis.

O vindeiro fin de semán a ver se nos xuntamos máis xente e lle damos un bó adianto a todos os traballos.

by Palmeirán

domingo, 3 de abril de 2011

DIA MOI PRODUCTIVO

Onte, sábado, foi un día moi productivo nos traballos que estamos facendo na Balbina. Eu cheguei ben cedo pola mañán para ir quitando as lonas e deixar a cuberta destapada para poder traballar, e xa empecei a lixar os baos da parte do motor para ir preparándoos para darlle a imprimación de fondo, e logo enminiar pola tarde.

Pouco despois empezaron a chegar patexeiros que tiñan que cumplir asistindo ás Xornadas polo Patrimonio, que volvían a tocar de novo no peirao de Lorbé. Francisco prometeu que cando acabasen me viría botar unha man.

Mais tarde chegou Fran que viña hoxe disposto a reforzar o bao da popa que tiñamos debilitado, e alá se puxo a eso, mentres eu seguía ca rebarbadora pequena lixa que te lixa. Estoy collendo tal dominio da rebarbadora eléctrica que casi me atrevería a facer esculturas con ela, todo é probar.

Fran decidéuse primeiro polo método de facer unha plantilla con caixas de cartón, pero en canto acabou a plantilla e a presentou sobre a táboa de iroko, non quedou moi convencido co resultado, e alá se foi falar co mestre carpinteiro Pepe. Eu non sei o que alí falaron pero Fran veu con ideas renovadas e cun barrote para trazar as formas, e alí se puxo.

En canto acabaron as xornadas, apareceu Francisco e alí se enfundou o mono de traballo, bueno, él prefire o modelo dúas pezas. Encomendámoslle a tarefa de descrabar e quitar as últimas táboas que estaban arrimadas ó trancanil e que nos servirán logo de plantillas para poñer nós as primeiras novas.

Quitou todas as táboas e as gardou, quedando a cuberta libre xa lista de todo para traballar. Sobre as tres tívose que ir, pero deixando o seu traballo feito

Fran e eu botamos alí todo o día saltándonos a comida, total, si ainda coméramos o venres, ¿qué razón había para volver a comer o sábado?. Din que hai serpes que comen unha vez ó més.

A primeira hora da tarde, e con gran espectación, xa que ata nos visitou unha excursión duns trinta camiñantes que estaban facendo unha ruta de sendeirismo, (¿ou se enterarían de que estabamos traballando na Balbina e virían apropósito?) Fran cortou o tableiro de iroko para sacar a peza que reforzaría o bao, subímola ó barco para presentala e facerlle os axustes pertinentes para axustala ó seu sitio, quedando casi lista a falta de atornillala ó bao vello.

Xa sobre as 8 e media da tarde acabamos de enminiar os últimos baos deixando a primeira man lista.

Agora hai que cambiar unha corda e uns medios baos que están apodrecidos. Tocaralle para a semán, a ver se da tempo. Tamén lle imos dar unha segunda man de minio (a ver se podo ir o venres) e o sábado poderíamos empezar coa cuberta.

Fai falla tamén que vaia un comando limpeza a limpar todo o interior do barco, aspirar todas as virutas, polvo e quitar todo de dentro para poder traballar máis a gusto.

Para a semán, máis e mellor.

by Palmeirán.

viernes, 1 de abril de 2011

EMPEZAMOS A DAR MINIO


Hoxe venres pola tarde, cun día de verán tremendo, empezamos a darlle o minio con aceite de linaza, para que penetre ben na madeira, ós baos.

Rematamos de darlle a primeira man a toda a sección dende o motor cara a proa.

En canto acabemos de enminiar os baos empezaremos a botar a cuberta.

Tamén temos que reparar un bao que está partido, que arranxaremos a ser posible mañán sábado.


Ante a escasez de Patexeiros, hoxe tiven que botar mán de reforzos externos, e Chicho prestóuse gostoso a botarme unha man co minio e tamén se ofreceu a axudarnos a botar a cuberta.

Mañán máis.

by Palmeirán