domingo, 19 de diciembre de 2010

A Balbina xa está de novo en Lorbé

Este pasado sábado remolcamos de novo a Balbina ó estaleiro de Pepe en Lorbé, donde lle imos a facer unha serie de traballos durante este inverno, que esperemos que den os seus froitos e no verán poida xa navegar polo menos a motor, e luzca a súa inconfundible fasquía pola ría de Sada.


Saímos da bocana do porto de sada sobre as 11:45 remolcados pola Zodiac do CNRS, que como sempre, colabouran connosco en todo o que necesitamos e arribamos ó varadoiro de Lorbé ás 13:00.


Ó longo da a travesía, aproveitamos para achicar o barco e limpar a cuberta, moi atacada polas amigas gaivotas.


A primeira impresión nada máis sacala do mar foi que as patentes de agora xa non son como as de antes. Tras sete meses despois de botala ó mar, nalgúns sitios xa tíñamos mexilón pa facer unhas cantas paellas, o arneirón tamén empezaba a verse nalgunhas partes, e noutra parece que a patente non agarrou ben.





Hai que ter en conta que durante estes sete meses non se moveu do fondeo, e claro, eso non favorece para nada o efecto que se espera da patente.



Nestes meses que vai a estar no varadoiro, esperemos que ata abril, intentaremos:

- Botarlle a cuberta.
- Limpar e tratar o interior.
- Facerlle a casota do motor.
- Facerlle as tapas das bodegas.
- Poñer a punto o motor Larrán.
- Repasar a pintura.
- Darlle patente.
- Botala ó mar.

Xa vos iremos informando de como van as operacións.


by Palmeirán

martes, 2 de noviembre de 2010

EMPEZAN OS TRABALLOS DE INVERNO NA BALBINA


Ainda que durante o verán a Balbina está alí, en Sada, tranquiliña, fondeada, e parece que a temos olvidada porque estamos disfrutando navegando cos outros barcos, agora que chega o inverno é o seu turno.

En novembro volverá ó carro e intentaremos arranxar o motor, a bomba de auga, botarlle a cuberta, facerlle a casota e as tapas das bodegas.

A ver se o damos feito ou todo son declaracións de intencións.

Como aperitivo vos deixamos o magnifico traballo que fixo Miguel limpando e pintando o cadro, e instalando o manómetro de glicerina que consigueu Palmeirán.

domingo, 13 de junio de 2010

O motor da Balbina arrancou

Hoxe, dia 12 de xuño de 2010, aconteceu un feito que nos enche de ledicia e de orgullo. O meu cuñado Juan Luis, antíguo mecánico de motores mariños, quedou en vir vernos o motor e darnos unha opinión sobre o seu estado.

Sobre as 10:45 da mañán subimos a bordo da Balbina. Juán Luis empezou por botarlle un vistazo, pero en seguida me dixo "abre a caixa de ferramentas e dame un destornillador". É un home de acción, él non vén só a ver. Enseguida me fai comprobar o ruido que emiten os inxectores a base de apoiar un destornillador contra eles e escoitar coa orella pegada. Flipante..... óese como rascan.



De seguido da orde de quitarlle as tapas das culatas, e vemos as válvulas ó aire, comproba que non teñan folguras, e proba a mover o volante coa manivela. O descompresor está agarrotado. Non hai problema, cuns golpiños de martelo consige solucionalo enseguida.

Fainos falta un mechero para prender as mechas. Non temos. Miguel ten que ir a terra a mercar un.

O volante de inercia está cuberto de auga que a choiva meteu a bordo. Empezo a achicar, quito máis de 50 capazos de auga da sentina.

Chega Miguel cos mecheros. Trae dous do mundial. Un deles pon "Si podemos". ¿Será boa sinal?

Metemos as mechas e prendémoslle lume, metémolas nos inxectores. Intentamos arrancar. Juán Luis dalle á manivela e eu estou ó mando do descompresor. Non arranca.



Move as válvulas, quitamos as mechas, están apagadas. Volvemos a encendelas e volvemos a intentar arrancar. Segue sen ir.

Tras varias comprobacións e regulacións, segue intentándoo, non da o brazo a torcer. Intentámolo máis dunha ducia de veces e cada vez coa mesma rutina, quitar as mechas, volvelas a prender e metelas de novo, voltas á manivela e liberar o descompresor.




Intentámolo cun bote de autoarranque. Parece que quere ir. Juan Luís nos dí, esto vai a ir.

De repente vemos que chega David que vai no chinchorro para o Tina Husted, abarloa ó noso carón e sube a bordo. Está moi interesado na operación.

Intentámolo dúas veces maís , cambiamos as mechas por unhas máis novas. Juán move a manivela, eu acciono o descompresor , pedímoslle a David que comprobe se sae fume pola cheminea. Dámoslle caña, e David nos dí que sí que sae una pequena bocanada de fume.

Seguimos tentándoo co autoarranque. Juán á manivela e dando as ordes, David observando a cheminea, Miguel metendo unha man polo portillo da casota e disparando o spray autoarranque, e eu no mando do descompresor .




De repente, xa sobre as 14:30 da tarde, nunha destas rutinas, o motor arranca, empeza a sair fume pola cheminea e Juan Luis controla o mando do acelerador para que non se cale. Soa moi ben, SÓA A GLORIA. Él nos día que hai un traqueteo raro, pero o díto, a nós sóanos a gloria.




Doulle a cámara a Miguel para que saque un vídeo, pero está tan emocionado que graba e para a grabación en cuestión de segundos, co que non temos documento de tan importante momento.

Juan Luis nos fai comprobar se sae auga polo costado de babor. Debería sair a auga da refrixeración do motor, pero non sae nada, volve a preguntar de novo, non sae nada. A bomba de auga non funciona, e antes de que se queime o motor opta por apagalo. Foi un escaso minuto, pero a Balbina arrancou e estivo co motor en marcha durante un minuto.



Somos optimistas, o peor xa pasou, o motor, tras moitos anos parado, funciona, ¡¡¡¡funciona!!!!. Agora é cuestión de limpalo, cambiarlle aceite, comprobar os inxectores, regulalo, meterlle gasoleo novo (a todo esto as probas fixémolas co gasóleo que había no tanque dende fai anos, e ainda así arrancou). E a ver se dentro de pouco a Balbina pode facer unha singladura sen ser remolcada.

Balbina volve á casa - Xuño 2009

O pasado 6 de xuño a Balbina é remolcada dende Lorbé ó porto de Sada polo pesqueiro noruegués Tina Husted.

Case que con puntualidade inglesa chegou David co seu Tina Husted a Lorbé.


Coa colaboración dun amigo de Lorbé que nos axudou a levar a gamela a terra, e estivo pendente en todo momento da manobra, amarramos a Balbina ó Tina Husted, sempre coa supervisión de David, e Martiño patroneando a Balbina.



Empeza a manobra de amarre.



O Tina Husted enseguida empezou a coller velocidade e arrastrando a Balbina, que se empeñaba en querer adiantar ó seu remolcador.

En seguida abandoamos a enseada de Lorbé e navegamos cara ó porto de Sada.

Aproveitamos para ir valdeando a cuberta de argazo acumulado, e achicando a auga da chuvia dos días anteriores.

Os timonéis vanse turnando para notar as sensacións de levar a Balbina.


Sobre a 1 da tarde entramos no porto de Sada, e cunha precisa manobra de David, nos deixou clavados na boia dónde íamos a fondear.


Grazas a David por remolcarnos, a Maca por ir controlando o amarre á popa do Tina Husted e ó amigo de Lorbé por estar pendente de nós en todo momento.

A Balbina xa está na casa.

A botadura - Maio 2010

O día da botadura todos estábamos ansiosos por ver á Balbina no mar lucindo as súas cores reflexadas no mar de Lorbé.



Nas horas previas fixéronse dúas botaduras tamén no asteleiro. O bote Sol que estivo facendo Pepe ó longo dos meses de abril e maio, e o Tina Husted que estivo varado para pintar o casco, dar patente, e reparacións de urxencia.

Tivemos que desaloxar a seis polizóns que se refuxiaran a bordo da Balbina.



Xuntámonos gran parte dos Patexeiros e incluso familiares e curiosos que quixeron presenciar tan importante acto.



Empeza a manobra de botadura, moita xente axudando na botadura, carpinteiros, patexeiros, familiares, amigos, coñecidos do estaleiro, xubilados, todo o mundo colaborou na botadura da Balbina.

Preparativos a bordo.

Ata houbo algúns que aproveitaron para facer equilibrismos. E facíano bén. Mentres Nacho, facía a reportaxe fotográfica dende a cuberta da Balbina.


A Balbina xa toca o mar.



Xa está a flote e empeza a sair do carro remolcada por Jaime dende a Zodiac.





E finalmente queda fondeada de forma provisional en Lorbé.



A operación foi todo un éxito

Empeza o pintado do casco - Maio 2010

A primeiros de maio do 2010 empezamos a darlle o minio sobre a obra morta. Previamente, na obra viva xa lle aplicara Pepe o carpinteiro unha man de imprimación.




Unha vez aplicado o minio, do que lle demos dúas máns, trazamos coa axuda de Pepe o carpinteiro, a líña de flotación, usando un método sinxelo e que nos deixou sorprendidos, cun simple listón mirando a distancia, e facendo unhas marcas sobre o casco, que logo uniríamos con cinta de empapelar.




Empezamos a darlle a primeira man das súas cores tradicionales, o azul Balbina, tal e como o define Pepe o carpinteiro, que nos dí que a Balbina sempre pintou desta cor, e o bermello para o cintón.



Durante todo o proceso fomos moitos os Patexeiros que botamos unha man...



... case que tódolos patexeiros colaboraron no proceso..... ainda que non todos saen nas fotos, porque algúns tamén as estaban sacando.




Tivemos moitos curiosos mirando como nós traballábamos.




Como a botadura urxía, xa que a mediados de maio o carro tiña que quedar libre, para subir outros barcos, e Pepe xa tivo bastante paciencia con nós, tivemos que pintar incluso en días de choiva.

Dous días antes da botadura démoslle a patente, e fomos dándolle os remates.


Metéronselle tamén tres cornamusas novas de carballo, para poder amarrala, e déronselle un par de máns de imprimación Xylamon fondo para logo darlle un lasur e deixalas madeira vista.

Empezan os traballos de rascado da pintura - Abril 2010

A finais de abril e tras esperar a que o tempo (o noso e tamén o meteorolóxico) nos fora propicio, empezamos os traballos de rascado e lixado do casco da Balbina.

Empezamos cunhas rasquetas eliminando o máis gordo das 6 capas de pintura que tiña sobre a madeira. Pepe recomendóunos usar a radial. Fixémoslle caso, a experiencia é un grado, xa sabedes.



E alí estivemos, Ana, que nos iba sacando o máis gordo ca rasqueta e logo Miguel e eu con cadansúa radial. Adiantamos moito, casi acabamos a banda de babor, e fixemos toda a amura de estribor.


A medida que íbamos quitando a pintura quedaba á vista unha madeira do ano 1944 casi perfecta, parecía nova, menos nalgunhas partes que se atopaban zonas de madeira deteriorada que nos facían temer un aumento do presuposto inicial.




Durante a vindeira semán, outros Patexeiros se unen á cuadrilla de traballo e nuns días xa a temos lista para lle dar o minio.

Traslado da Balbina ó estaleiro de Lorbé - Decembro 2009

Despois de estar dous meses esperando a que o mal tempo nos dera unha tregua, por fin a mediados de decembro, nos aventuramos a levar á Balbina ó carpinteiro de Lorbé.


Como xa sabedes, o motor ainda non está como para traballar, e houbo que remolcala, neste caso con duas zodiacs, unha a proa (a de Xose Manuel) e outra mais pequena a popa, facendo as veces tamén de timón.

O Capitán (mellor dito o Comandante) Martiño dirixiu con bo pulso a operación, que foi un exitazo, non tivemos ningún problema e chegamos a Lorbé en algo menos de unha hora.


E Alá nos estaba a agardar o Pepe, o carpinteiro co carro na rampa. Agora xa está en terra, e lista para empezar a restauración (cando se poda). Así que todo o que quera ir a admirar esta fermosura, pode facelo no porto de Lorbé, onde estará por varios meses.


Unha surada causa danos na Balbina - Novembro 2009

Unha forte surada, causou estragos na Balbina que se atopaba amarrada no porto pesqueiro de Sada e tiña abarloado a un vello bateeiro.

Resultado: a amura de estribor destrozada.

(próxima publicación da foto)

Logo da Asociación - Xuño 2009

A Balbina, como barco representativo da Asociación pasa a formar parte do logotipo da A.C.M. Os Patexeiros.

Aquí vemos o logo deseñado e tallado en madeira polo noso artista Nacho Baamonde, membro dos Patexeiros.


martes, 8 de junio de 2010

A Balbina plató de televisión - Xuño 2009


No verán do 2009, a Balbina convértese por unhas horas nun plató de televisión con motivo da grabación do programa "Salitre" da TVG adicado ó porto de Sada.



O compañeiro Miguel convértese asemesmo en protagonista, dándonos unha clase maxistral de dialéctica e cepillado.

A Balbina amarrada no muelle - Abril 2009


En abril de 2009, con motivo das I Xornadas de Navegación Tradicional, un grupo de aficionados, e expertos visitan a Balbina que se atopa amarrada no muelle pesqueiro de Sada, parándose a observar o histórico motor Larrán.