miércoles, 31 de diciembre de 2014
jueves, 11 de diciembre de 2014
Varada da Balbina
O pasado mércores 19 de novembro, a Balbina subeu ó carro, para a súa varada invernal, e intentar acometer os traballos pendentes.
O sábado acudín a rascar o mexilón que tiña pegado. Cerca duns 200 kilos do famoso bivalvo quitéille da obra viva. Está visto que as patentes de agora non son como as de antes.
Tamén hai que decir que o ano anterior non fixo varada e o barco non se moveu en todo o tempo, co que era de esperar tal fartura.
Chovía sen parar e só lle puden quitar o mexilón e o arneirón, pero non lle puden dar coa hidrolimpadora. Non era cuestión de andar con aparellos eléctricos co diluvio universal.
Pola semán achegóuse a patexeira Dolores a rematar o traballo na obra viva e doulle unha pasada ca hidro.
Agora tócalle á limpar a cuberta.

viernes, 8 de agosto de 2014
Comida a bordo da Balbina
O pasado domingo día 3 de agosto, varios patexeiros, tripulantes e patróns
habituais da Desexada, Feituca e Boaventura, saíron a dar unha volta na
Desexada e achegáronse a Lorbé a facerlle unha visita á Balbina.
Aproveitando o bo día, xantaron a bordo, así que por un día as gaivotas viron ocupado o seu restaurante habitual.
Rematado o xantar aproveitaron para achicala e baldeala, senón xa sabían cal sería o primeiro comentario do presi.

domingo, 16 de febrero de 2014
Plató improvisado.
A cuberta da Balbina, convirtéuse esta semán nun plató de televisión improvisado, porque unha productora veu grabar un programa para a TVG, no que se falará do traballo da Asociación, da Balbina, dos alumnos do curso de carpintaría, etc...
Xa vos indicaremos a data de emisión en canto e sepamos.

domingo, 2 de febrero de 2014
A Sra. Balbina e o Sr. Nelos
Colgamos aquí un arquivo da páxina Memoria de Sada, para rendirlle unha pequena homenaxe ó primeiro armador da Balbina, Don Manuel López "Nelos" e da súa dona Balbina Neira, que lle dou nome ó noso barco.
Agradecementos á amiga Johana Carro, descendente do Sr.Nelos, por facilitarnos esta información e moita máis que nos ten aportado.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)