jueves, 29 de septiembre de 2011
Catando a tapa dunha bodega
O sábado, por falta de xente para traballar a bordo, acheguéime ata o local e fíxenlle unha cata a unha das tapas das bodegas da Balbina. A ver se se podía recuperar ou a temos que facer nova.
Metinlle a lixadora e atopéime que a madeira está en bastante bó estado. Esta tapa non debía ter moitos anos. Así que, de momento, a imos a aproveitar mentres non facemos todas novas.
Vouna a lixar toda e a darlle un tratamento e pintala, a ver como queda.
Palmeirán
sábado, 24 de septiembre de 2011
Media tarde de venres na cuberta da Balbina
Onte venres, Francisco López e máis eu estivemos un par de horiñas traballando na Balbina.
Puxemos unhas cantas táboas pequenas na parte de proa e démoslle Xylamón a toda a última remesa de táboas novas (colocadas e sen colocar). Poidemos facer máis pero e que nos atopamos cuns "problemiñas".
Primeiro, o taladro que levei non tiña carga, e enterámonos cando quixemos facer a primeira fura. Esto o solucionamos ben, xa que vimos que a maioría das veces non facía falla o taladro. As puntas entraban perfectamente. So nun par de baos se resinten e había que cambiar a punta pois a dobraba. Esto é debido a que esta nova remesa de madeira parécenos a todos un pouco máis branda ca a anterior.
Logo quixemos continuar e acabar toda a proa, pero atopámonos que unha pequena parte do trancanil encima da amura de babor está en mal estado. Co que decidimos non continuar por ahí para consultalo co resto do comando de traballo a ver como procedemos.

Deixamos xa a táboa cortada para cando se solucione este punto, cravar e listo.
Fómonos para a parte de atrás, pegado á boca da bodega e alí tampouco continuamos por ver unha parte do medio bao da fogonadura que hai que levantar un pouquiño cunha cuña para poñelo ó nivel dos demáis. Como non tiñamos con qué facela tamén paramos nesa parte.
Pasamos á zona de proa estribor e puxemos un par de táboas. Tivemos que facer un pequeno rebaixe nas puntas das táboas para que montase no falso bao da proa.

Non continuamos máis porque empezaba a chover e xa se estaba facendo tarde.
Outro día mais
Palmeirán
domingo, 18 de septiembre de 2011
A banda dos Pacos asalta a Balbina
Este sábado pasado tiñamos quenda de traballo na Balbina os dous Franciscos Patexeiros (López e Vázquez). Cargamos o bote co achicador, as ferramentas, unha nova remesa de madeira e con ordes de rematar a cuberta dunha vez. Malia as ameazas do de Palmeira esquecemos en terra uns neumáticos que había que poñer para aguantar as lonas, outra vez será.
Colocamos 5 táboas das que rematan en punta na proa e puxemos o peche do espazo que vai entre a cabina e un tambucho. Para o próximo día son todas tiradas máis curtas. Decatámonos de que non avanzamos de forma totalmente simétrica hacia a fogonadura, hai unha diferencia de centímetro e medio aproximadamente. A priori eu botáballe a culpa a nosa neglixencia como carpinteiros, pero non hai moito espazo para o erro cando todas as táboas coas que traballamos son iguais, probablemente é un problema unha característica da propia Balbina.
Por suposto que non rematamos pero dimos un paso máis, ímonos aproximando asintóticamente ao fin da restauración.
Teño a sensación de que as táboas desta remesa son mais fraxiles ca as anteriores, haberá que ver que resultado dan co paso do tempo.
Mentras estabamos traballando fixeronnos unha visita Roberto e a sua parella que se dirixian ao seu fermoso veleiro para dar unha volta. Roberto é un vello patexeiro que agora se reincorpora á asociación. Benvido de novo.
Non imos publicar fotos de como vai a restauración porque, ainda que tíñamos a bordo unha cámara reflex dixital co seu trípode, non quedamos contentos cos documentos gráficos porque a iluminación non era a máis idonea. :-P
Saudos Patexeiros.
domingo, 11 de septiembre de 2011
Unha mañan chuviosa
Este sábado Fran e máis eu dispoñíamos a outra xornada de traballo a bordo da Balbina. Tras o parón do verán, no que todos os socios estámos moi liados entre vacacións e outros eventos, empezábamos os traballos de novo na cuberta da Balbina.
Nada máis sair do peirao de Lorbé empezou a chover. Chegamos á Balbina e levámonos unha desagradable sorpresa. Tiñamos a bordo centos de polizóns. Unha gaivota morta foi caer nunha das bolsas de auga que se forman nas lonas que tapan a cuberta e centos de bermes a estaban descompoñendo.
Tras limpar a cuberta quitamos as lonas e vimos que o barco tiña bastante auga dentro. As lonas cubren pero sempre se filtra auga polos bordes. Poñemos a traballar o achicador portatil que levamos, sobre as 11:30 da mañán, e cando nos fomos sobre as 14:10 ainda non dera achicado toda a auga que tiñamos dentro. Hai que pasar máis a miudo polo barco.
A choiva por fin parou e deixóunos traballar.
Aproveitamos a madeira que tiñamos a bordo para colocar dúas táboas da banda de babor e casi toda unha das partes entre-bodegas.
Agora temos que mercar máis madeira para poder acabar a parte central dende o motor ata a proa, e xa quedará toda a cuberta tapada, faltando só facer as brazolas e colocar as novas tapas nas bodegas.
Desta non poidemos quitar fotos porque quedaron as cámaras no local Patexeiro.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)