Como xa vos temos contado noutras entradas, desmontámoslle o motor para poder restauralo no noso taller.
Diso se encargan Javi e José Manuel.
No estaleiro, temos a Balbina, na que estamos traballando dende fai unt tempo para poder botala ó mar nos vindeiros días.
Fíxose unha limpeza de casco co fin de darlle patente e unha man de pintura na obra morta.
Tamén fregamos a cuberta e houbo que tratala con lexía para sacarlle o máis gordo. Tiña o verdín metido na madeira.
Limpamos todo o interior e dóuselle minio.
Pintamos mamparos con Xylazel.
A sentina tratóuse con pintura bituminosa Proa.
No interior tamén pintamos unha parte con pintura sintética naval de Proa, que ten un secado moi rápido e unha durabilidade estupenda.
No casco, José Manuel e Lucas estiveron botando uns parches, sustituíndo varias táboas da obra morta.
Tratáronse con minio.
Aplicóuselle patente Proa rojo óxido.
O compañeiro Naveira trouxo unha lixadora de pisos e lixou toda a cuberta, co que quedou coma nova.
Démoslle unha lixadura á caseta e tratámola con Xylazel cor teka.
A cuberta tamén foi tratada con Xylazel teka. Este ano non lle demos alquitrán por ter problemas de tempo e o alquitrán tarda en secar.
Igualmente fixemos cos cuarteis.
Hoxe domingo estivemos rematando a cuberta e dando retoques de pintura na obra morta.
Agradecer nesta varada a implicación de novos socios, José Manuel, Fernando, Vicente, Ángel, Bruno, así como algún que outro colaborador desinteresado coma o amigo Hugo que sacrificou un domingo para vir botarnos unha man.
Agora toca voltar ó mar e a ver se podemos seguir traballando a flote para ir rematando os traballos desta tempada.