Este pasado venres, os socios Javi Naveira e Lucas subiron a bordo da Balbina para empezar a quitar os pernos que suxeitan o famoso motor Larrán da Balbina.
A idea non é outra que a de empezar ca restauración "en serio" do motor, e de paso, aproveitar para limpar e revisar o asento no barco.
Pola mañán xa se deixou o motor libre para empezar á tarde a quitalo e levalo para o noso local.
Ca axuda de Jose Gómez, ós mandos da carretilla, levantámolo do barco e o deixamos no local, onde en breve empezaremos a limpalo a fondo.
Unha vez co motor no local, era tal a felicidade dos patexeiros que ata amenizamos con música a chegada de tan insigne hospede.
Xa vos iremos contando como evoluciona.
o Palmeirán