domingo, 19 de diciembre de 2010

A Balbina xa está de novo en Lorbé

Este pasado sábado remolcamos de novo a Balbina ó estaleiro de Pepe en Lorbé, donde lle imos a facer unha serie de traballos durante este inverno, que esperemos que den os seus froitos e no verán poida xa navegar polo menos a motor, e luzca a súa inconfundible fasquía pola ría de Sada.


Saímos da bocana do porto de sada sobre as 11:45 remolcados pola Zodiac do CNRS, que como sempre, colabouran connosco en todo o que necesitamos e arribamos ó varadoiro de Lorbé ás 13:00.


Ó longo da a travesía, aproveitamos para achicar o barco e limpar a cuberta, moi atacada polas amigas gaivotas.


A primeira impresión nada máis sacala do mar foi que as patentes de agora xa non son como as de antes. Tras sete meses despois de botala ó mar, nalgúns sitios xa tíñamos mexilón pa facer unhas cantas paellas, o arneirón tamén empezaba a verse nalgunhas partes, e noutra parece que a patente non agarrou ben.





Hai que ter en conta que durante estes sete meses non se moveu do fondeo, e claro, eso non favorece para nada o efecto que se espera da patente.



Nestes meses que vai a estar no varadoiro, esperemos que ata abril, intentaremos:

- Botarlle a cuberta.
- Limpar e tratar o interior.
- Facerlle a casota do motor.
- Facerlle as tapas das bodegas.
- Poñer a punto o motor Larrán.
- Repasar a pintura.
- Darlle patente.
- Botala ó mar.

Xa vos iremos informando de como van as operacións.


by Palmeirán

No hay comentarios:

Publicar un comentario