Pouca xente se veu ese día a bordo da Balbina, deberon pensar que chovería e non acudiron á chamada.
Fran, como sempre, foi o primeiro e aproveitou para ir pasando todo o que había no pañol e levalo á bodega de proa que xa estaba rascada.
Eu cheguei tarde, pero compenséino quedándome todo o día traballando para adiantar o máximo posible.
Ás 7 da tarde xa tiña rascado casi todo o pañol, e parte da sala da máquina, limpado e quitado todos os restos de pintura para fora.
Como podedes ver nas fotos, a madeira atópase nun estado de conservación impecable.
Como traballar nas bodegas todo o día, abaixado, cansa bastante, e sobre todo no compartemento do motor, que queda menos espazo, nos últimos minutos estiven lixando a ferruxe do motor.
Lixei o volante, que quedou co aceiro á vista, e tamén limpei un pouco as tuberías de refrixeración de cobre, quedando brilantes, só para ver o efecto que terían co motor acabado..
O vindeiro día máis...
By Palmeirán
No hay comentarios:
Publicar un comentario