domingo, 20 de marzo de 2011


O pasado venres, catro Patexeiros (Pepe, Francisco, Fran Grandal e o Palmeirán) continuamos traballando na Balbina.

Nada máis chegar pasamos bastante tempo achicando a auga que nos entrou polas aberturas das lonas. O barco estaba encharcado. Menos mal que Pepe nos trouxo finalmente a bomba de achique e logo poidemos seguir traballando.

Dividímonos en dous comandos de traballo. Uns seguimos lixando ben os baos, quitándolle zonas mortas, masillando e dándolle a imprimación e deixándoos listos para aplicar o minio co aceite de linaza, mentres outros estiveron quitando pintura vella da parte da sentina por debaixo das taboas do plan, que na proa ainda non se lle quitaran.

Non poidemos arranxar o bao da popa que está tronzado por non ter a madeira axeitada. Esta operación quedará para a vindeira semán.

Estamos moi ilusionados porque pensamos que este ano acabaremos a tempo sen as presas da última hora que tivemos o ano pasado e ainda que estamos metidos en moitas frontes estamos cumprindo con todo: traballos na Balbina, asistencia a Xornadas GAC, asistencia a Asamblea Federación, etc...

Imos ben.

by Palmeirán

No hay comentarios:

Publicar un comentario