miércoles, 23 de marzo de 2011

A Balbina xa navega coa súa vela latina


.... eso sería o que todos quixéramos oir, a ver se para este ano vai.

De momento témonos que conformar con ver esta preciosa maqueta ca que amáblemente nos agasallou un bo amigo mariñeiro xa xubilado, de Pontedeume, o señor Lolo Placer Piñeiro.

Un regalo que apreciamos moitísimo e que levaremos a todas as mostras que fagamos. Xa estivo presente o primeiro día das Xornadas sobre o Patrimonio.











Esta maqueta danos unha idea a todos de como quedará a Balbina cando estea lista e aparellada coa súa vela latina, e como vedes está moi lograda, con todos os seus detalles característicos: os imbornais, a caseta do motor, a ponte de luces, a chimenea, etc..

Agora temos que pintar a maqueta coas cores orixinais da Balbina, ese azul ceo e bermello que sempre a caracterizaron.

Vendo estas imaxes, da a impresión de que o tempo se parou nos anos 50, cando a Balbina navegaba coa súa vela latina.

Estámoslle moi agradecidos Señor Lolo.

By Palmeirán

domingo, 20 de marzo de 2011


O pasado venres, catro Patexeiros (Pepe, Francisco, Fran Grandal e o Palmeirán) continuamos traballando na Balbina.

Nada máis chegar pasamos bastante tempo achicando a auga que nos entrou polas aberturas das lonas. O barco estaba encharcado. Menos mal que Pepe nos trouxo finalmente a bomba de achique e logo poidemos seguir traballando.

Dividímonos en dous comandos de traballo. Uns seguimos lixando ben os baos, quitándolle zonas mortas, masillando e dándolle a imprimación e deixándoos listos para aplicar o minio co aceite de linaza, mentres outros estiveron quitando pintura vella da parte da sentina por debaixo das taboas do plan, que na proa ainda non se lle quitaran.

Non poidemos arranxar o bao da popa que está tronzado por non ter a madeira axeitada. Esta operación quedará para a vindeira semán.

Estamos moi ilusionados porque pensamos que este ano acabaremos a tempo sen as presas da última hora que tivemos o ano pasado e ainda que estamos metidos en moitas frontes estamos cumprindo con todo: traballos na Balbina, asistencia a Xornadas GAC, asistencia a Asamblea Federación, etc...

Imos ben.

by Palmeirán

domingo, 13 de marzo de 2011

Pouca cousa

Este fin de semán pouco poidemos facer na Balbina.

Entre a asistencia ás Xornadas de posta en valor do Patrimonio Marítimo, e o desprazamento a Cambados para asistir á Asamblea da FGCMF estivemos ocupados todo o sábado.

Ainda así, o venres á tarde Carlos e máis eu achegámonos a Lorbé para acabar de lixar os baos, masillámolos e démoslle unha imprimación abundante de fondo, co que xa quedan listos para darlles o minio co aceite de linaza e pintalos se procede.


O vindeiro fin de semán máis.

By Palmeirán.