viernes, 1 de febrero de 2013

Segunda man ós cuarteis

Hoxe venres, o tempo non deixaba nin sacar a cabeza fora. Choiva, e choiva, e máis choiva.

Houbo que traballar dentro do local, así que aproveitei para darlle a segunda man de Xylazel lasur ós dous cuarteis que xa están feitos, e así deixalos a secar e en canto sequen, listos para colocar.

O do pañol de popa, tratado con Xylazel lasur Teka, con esta segunda man queda un pouco máis oscuriño, pero moi bonito.

O da bodega de popa tamén colleu unha tonalidade máis bonita nesta segunda man, co lasur Roble que lle demos.

Como acabei moi rápido de aplicarlle a segunda man, e como non se podía sair afora a cuberta da Balbina, nin se podía levantar polvo no local preparando máis madeira, aproveitei para ordear un pouquiño o local patexeiro, colocando a madeira a utilizar toda xunta, e limpando un pouquiño, que sempre se agradece ter o taller adecentado.

A ver se o tempo nos deixa continuar na cuberta.


1 comentario: