lunes, 29 de abril de 2013

Semán de traballo en Lorbé

Esta semán démoslle duro á Balbina xa que hai que botala ó mar nuns días.

O sábado da semán anterior, Martiño estivo limpando ben o casco para empezar a pintar, rascando moi ben a obra viva, e atopando algunha sorpresa na obra morta.


Martes pola tarde estiven achicando o barco que tiña un pouquiño de auga, e vendo o panorama que atopamos no trancanil de estribor que tiña a parte exterior totalmente podre.



O xoves pola tarde acheguéime ata alí a pintar un pouquiño. Dinlle unha man do seu azul característico polo costado de babor e un cachiño da amura de estribor.






O venres volvín a Lorbé e seguín pintando. Tamén se achegaron Carlos Quintas, que fixo un bo traballo limpando e aspirando a bodega e pañol de popa, Francisco, que estivo pouco tempo pero botóunos unha man rascando a hélice e cortando unhas argollas enferruxadas que tiñamos nos costados, e Moncho que se puxo tamén a pintar.

O sábado pola mañán estivemos outro comando patexeiro.

 Jaime, estivo pintando o courel e o cintón de vermello.

Miguel Marta e máis eu estivemos preparando unha peza para meter nunha parte do trancanil que atopamos con podrén, e que xa non nos dá tempo a cambiar desta varada, así que optamos por saneala un pouco e  botarlle un remendo para que non dé moito o cante.

Tivemos unha xornada moi desapacible e tiñamos que fuxir a cuberto cando caían fortes chuvascos e pedrizo, tendo que tapar o barco de cada vez que nos collía na faena. O vento ademáis pegaba bastante forte e dificultábanos ainda máis o traballo.

Eu xa me quedei alí para a tarde que chegou Moncho de novo para botar unha man e estivemos calafateando un pouco a cuberta nas táboas lindantes co trancanil e as brazolas, e dándolle unha man de Xylazel Roble á última parte da cuberta que botamos.


Xa deixamos postos un par de cuarteis.

E deixamos o barco tapadiño, esperando que esta semán podamos facer algo e rematar o traballo para que vaia casi cuberta para o mar, a falta do caseto.

Palmeirán.

miércoles, 17 de abril de 2013

Sempre falla algo

E hoxe casi deixaba rematado o último cuartel, pero de novo me quedei sen madeira da medida necesaria e quedou a última táboa sen poñer.

Xa cortei a táboa que falta, e ainda así teño que regruesala pois era dunha medida máis ancha pero teño que utilizar o que temos polo taller xa que ainda non fixemos outro pedido de madeira.

Aproveitei para facer os tapíns e tapar todos os tornillos, con madeira de iroko.

Unha pena o problema coa madeira, pois iba sobrado de tempo e xa o daba por rematado hoxe. Non pudo ser.

Palmeiran.

sábado, 13 de abril de 2013

Outra mañán de sábado no taller

Hoxe xa chegamos algo tarde a Lorbé, casi eran as 12.

Xuntámonos Miguel Marta e máis eu, e acabamos de rematar o montaxe do bastidor. Logo nos puxemos a montar as táboas da cuberta do cuartel.


Tivemos que facer un parón para ir buscar máis tornillos que quedamos sen eles. Tempo que aproveitei para ir ver a pequena reparación que fixo o carpinteiro Pepe na popa da Balbina. Non puden quitarlle fotos xa que non levara a cámara nin o teléfono.

Unha vez trouxemos os tornillos continuamos ca montaxe, e así a deixamos cando rematamos sobre as 2 e media da tarde. Faltan cinco taboas por fixar ó bastidor.

O seguinte día a ver se podo rematala.

Palmeirán.

viernes, 5 de abril de 2013

Proseguimos os traballos

E chove, e chove, e sigue chovendo, un día si e outro tamén.

Hoxe acheguéime a Lorbé despóis do parón da Semán Santa e de varias semanas de estar saturado por varias cuestións persoais.

Achiquei a Balbina, que como sempre, ó estar ainda aberta colle bastante auga.

Logo fun ó taller a ensamblar as pezas do bastidor para empezar a montar o último cuartel pendente, e así o deixei cando saín de Lorbé.



O carpinteiro ainda non nos empezou a cambiar unhas táboas na popa. Ese traballo encargámosllo ó estaleiro porque eu ainda non teño dominada a técnica de poñer as táboas do forro, ainda que estou seguro que se me poño, non quedaría mal de todo, pero tampouco se pode facer todo.

Mañán xa non podo ir, porque tamén hai que atender á familia, non só vai ser traballar.

Palmeirán