O pasado domingo día 3 de agosto, varios patexeiros, tripulantes e patróns
habituais da Desexada, Feituca e Boaventura, saíron a dar unha volta na
Desexada e achegáronse a Lorbé a facerlle unha visita á Balbina.
Aproveitando o bo día, xantaron a bordo, así que por un día as gaivotas viron ocupado o seu restaurante habitual.
Rematado o xantar aproveitaron para
achicala e baldeala, senón xa sabían cal sería o primeiro comentario do presi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario