miércoles, 27 de febrero de 2013

Brazolas do pañol de proa

Hoxe, con moito frío en Lorbé, o termómetro marcaba 5º, coloquei as brazolas do pañol de proa.

Falta sellalas e tapar os tornillos con tapóns de madeira.

Tamén collín as medidas e teño preparadas as primeiras táboas para empezar a facer ese cuartel.

Palmeirán


sábado, 23 de febrero de 2013

Rematando a cuberta

Esta mañán de sábado xuntámos en Lorbé, Miguel Marta e mais eu para traballar algo na Balbina e intentar rematar de botar as táboas da cuberta.

Estivemos primeiro no local preparando as táboas para poñer na cuberta.

Unha vez na Balbina tardamos bastante en asentalas, porque o primeiro bao da proa ten uns pequenos defectos e houbo que traballar as táboas para asentalas ben.

Ainda así despóis de varios cortes, cepilladas e lixadas conseguimos que quedasen bastante ben.

Démoslle tratamento xilófago e empezamos a presentar as brazolas do pañol de proa.

Hoxe recibimos a visita de varios patexeiros que pasaron a darnos ánimos. Primeiro chegou Martiño que chegou ás súas horas habituais (nunca antes das 12:30), jejeje. E logo chegou a familia numerosa de Ana, Miguel e os seus pequenos, que por moito que lles insistin non quixeron subir ó barco. ¡¡¡A ver se nos van a sair de secano!!!!

Sobre as 2 e cuarto empezamos a recoller, pois xa non daba tempo a máis. As brazolas quedaron medidas e pendentes de corte e colocación.

A ver se o seguinte día, se non chove, quedan colocadas e xa podemos empezar co cuartel do pañol de proa.

Palmeirán

viernes, 22 de febrero de 2013

Facendo as brazolas do pañol de proa

Outro día máis sen poder ir á cuberta da Balbina. Caían chuzos en Lorbé.

Así que me puxen a preparar as brazolas para o pañol de proa.

Xa tiña preparados uns listóns de eucalipto ben curadiño e paséinos pola serra para facerlles unha entalla que encaixará nas táboas da cuberta.

Logo dinlle tratamento funxicida.

A ver se mañán se poden colocar.

Tamén aproveitei para darle Xylazel roble á tapa da fogonadura que fixen o día anterior.

Palmeirán.


miércoles, 20 de febrero de 2013

Sigo na cuberta

Onte martes acheguéime a Lorbé a ver se remataba a cuberta.

Non tiña madeira de medida suficiente para rematar toda, así que só pechei o tramo que fixera o día anterior.

Non me chegou a madeira para rematar as dúas taboas da proa.

Aproveitei tamén para facer a tapa provisional da fogonadura..

Palmeirán

sábado, 16 de febrero de 2013

Traballando na cuberta


Ademáis do gripazo descomunal que me tivo fora de combate por dúas semáns, o tempo tampouco nos axudou moito. Este inverno foi moi duro en temporais e choivas. De todos os días que estiven en Lorbé, dende que varamos a Balbina, prácticamente choveu todos, co que só podía ir á cuberta nos momentos que había unha pequena tregua coa choiva.


Hoxe, sábado, por fin, por fin un día que non chove e puden ir traballar á cuberta da Balbina, ainda que non puden traballar todo o tempo que quixera porque había outros compromisos  a nivel de relacións da Asociación que tamén houbo que atender.

Estiven dúas horas escasas nas que me adiquei a achicar a Balbina,  que volvía a ter bastante auga, e a despexar a cuberta de proa para intentar rematar de botarlle eses tramos que quedaron sen botar do ano anterior.

As dúas táboas de madeira que quedaban só me deron para o tramo que vedes.

Agora teño que preparar unha pouca madeira máis para colocar o que falta e rematar.

Intentaréino pola semán se o tempo me deixa.

Palmeirán.

viernes, 1 de febrero de 2013

Segunda man ós cuarteis

Hoxe venres, o tempo non deixaba nin sacar a cabeza fora. Choiva, e choiva, e máis choiva.

Houbo que traballar dentro do local, así que aproveitei para darlle a segunda man de Xylazel lasur ós dous cuarteis que xa están feitos, e así deixalos a secar e en canto sequen, listos para colocar.

O do pañol de popa, tratado con Xylazel lasur Teka, con esta segunda man queda un pouco máis oscuriño, pero moi bonito.

O da bodega de popa tamén colleu unha tonalidade máis bonita nesta segunda man, co lasur Roble que lle demos.

Como acabei moi rápido de aplicarlle a segunda man, e como non se podía sair afora a cuberta da Balbina, nin se podía levantar polvo no local preparando máis madeira, aproveitei para ordear un pouquiño o local patexeiro, colocando a madeira a utilizar toda xunta, e limpando un pouquiño, que sempre se agradece ter o taller adecentado.

A ver se o tempo nos deixa continuar na cuberta.


jueves, 24 de enero de 2013

Rematados os cuarteis de popa

Pois hoxe rematei os dous cuarteis de popa, o do pañol de popa e o da bodega.

Lixei os tapíns que quedaron pegados do día anterior, e dinlle unha man de Xylazel roble ó cuartel da bodega de popa.

No cuartel do pañol ainda faltaba meter unha táboa e máis o pecho, e hoxe coloquei as dúas.

Tamén lixei todos os tapíns deste cuartel e apliquéille unha man de Xylazel teka, como vedes queda moi ben.

Agora queda empezar coas brazolas da caseta do motor e da bodega e pañol de proa, pero se o tempo segue sen darnos tregua teremos que pospoñelo ata que despexe.