O pasado domingo día 3 de agosto, varios patexeiros, tripulantes e patróns
habituais da Desexada, Feituca e Boaventura, saíron a dar unha volta na
Desexada e achegáronse a Lorbé a facerlle unha visita á Balbina.
Aproveitando o bo día, xantaron a bordo, así que por un día as gaivotas viron ocupado o seu restaurante habitual.
Rematado o xantar aproveitaron para
achicala e baldeala, senón xa sabían cal sería o primeiro comentario do presi.
viernes, 8 de agosto de 2014
domingo, 16 de febrero de 2014
Plató improvisado.
A cuberta da Balbina, convirtéuse esta semán nun plató de televisión improvisado, porque unha productora veu grabar un programa para a TVG, no que se falará do traballo da Asociación, da Balbina, dos alumnos do curso de carpintaría, etc...
Xa vos indicaremos a data de emisión en canto e sepamos.

domingo, 2 de febrero de 2014
A Sra. Balbina e o Sr. Nelos
Colgamos aquí un arquivo da páxina Memoria de Sada, para rendirlle unha pequena homenaxe ó primeiro armador da Balbina, Don Manuel López "Nelos" e da súa dona Balbina Neira, que lle dou nome ó noso barco.
Agradecementos á amiga Johana Carro, descendente do Sr.Nelos, por facilitarnos esta información e moita máis que nos ten aportado.

lunes, 23 de diciembre de 2013
sábado, 26 de octubre de 2013
Pintando o último cuartel
Pois, de novo retomando os traballos na Balbina. Onte venres e hoxe sábado tocóulle a rematar aquel cuartel que deixamos pendente dunha táboa antes do verán.
Xa lle colocamos a táboa que faltaba, tapamos con tapíns os tornillos, lixamos, tratamos con fondo protector e hoxe púxenme a aplicarlle unha man de Xylazel pola parte de dentro.
Palmeirán

lunes, 14 de octubre de 2013
Limpeza e achique da tempada invernal
Hoxe venres achegámonos Pepe e máis eu ata a Balbina, para limpar a cuberta dos restos de cunchas de mexilón e outras lindezas coas que nos agasallan as gaivotas ó longo do verán.
Había moito traballo. Estivemos a bordo preto de duas horas, limpando, rascando, baldeando e achicando o barco.
Tamén tomamos as medidas para empezar coas brazolas do caseto e do último cuartel, que xa o temos feito no taller.
Pepe estivo rascando e limpando mentras eu baldeaba e achicaba. Tamén baldeamos todo o barco polo interior para salgar un pouquiño a madeira.
Quedou listo para revista. Agora a ver se colocamos as brazolas, armamos o caseto e o deixamos totalmente tapado.
Palmeirán.
Nesta foto xa quitáramos as cunchas de mexilón
Había moito traballo. Estivemos a bordo preto de duas horas, limpando, rascando, baldeando e achicando o barco.
Pepe co bruso/brux
Tamén tomamos as medidas para empezar coas brazolas do caseto e do último cuartel, que xa o temos feito no taller.
Pepe estivo rascando e limpando mentras eu baldeaba e achicaba. Tamén baldeamos todo o barco polo interior para salgar un pouquiño a madeira.
Quedou listo para revista. Agora a ver se colocamos as brazolas, armamos o caseto e o deixamos totalmente tapado.
Palmeirán.
miércoles, 8 de mayo de 2013
A Balbina xa está no mar
Onte martes a iso das tres e media da tarde, A Balbina volveu para o seu fondeo en Lorbé. Despóis de 6 meses varada, durante os cales non poidemos facer nela todo o que tiñamos pensado.
Esta temporada de varada, o tempo xogóunos unha mala pasada e poucas veces se pudo ir a traballar no barco, ainda que non toda a culpa a tivo o tempo, senón tamén a escasa man de obra patexeira que apareceu por Lorbé.
Agora ainda nos queda pendente facerlle a ponte, rematar de calafateala, e uns pequenos retoques meores na cuberta.
En canto iso esté listo empezaremos co motor.
Para a manobra de onte martes xuntámonos en Lorbé, Jaime, que trouxo a zodiac e se encargou do remolque ata o fondeo, Dolores, Martiño e máis eu.
A manobra foi moi rápida e sen contratempos, só tivemos un pequeno percance cando íamos a chegar ó fondeo e o motor da zodiac se parou e non quería arrancar, co que tivemos que botar o bicheiro a unha boia e manternos alí ata que Jaime consigueu poñelo de novo en marcha. Logo se daría conta de que eran uns cables que facían un mal contacto.
Quedou no fondeo e agora imos a preparar a Desexada para que quede lista para navegar e preparar tamén o noso Encontro, que está previsto para o vindeiro 22 de xuño.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)