A primeiros de maio do 2010 empezamos a darlle o minio sobre a obra morta. Previamente, na obra viva xa lle aplicara Pepe o carpinteiro unha man de imprimación.
Unha vez aplicado o minio, do que lle demos dúas máns, trazamos coa axuda de Pepe o carpinteiro, a líña de flotación, usando un método sinxelo e que nos deixou sorprendidos, cun simple listón mirando a distancia, e facendo unhas marcas sobre o casco, que logo uniríamos con cinta de empapelar.
Empezamos a darlle a primeira man das súas cores tradicionales, o azul Balbina, tal e como o define Pepe o carpinteiro, que nos dí que a Balbina sempre pintou desta cor, e o bermello para o cintón.
Durante todo o proceso fomos moitos os Patexeiros que botamos unha man...
... case que tódolos patexeiros colaboraron no proceso..... ainda que non todos saen nas fotos, porque algúns tamén as estaban sacando.
Tivemos moitos curiosos mirando como nós traballábamos.
Como a botadura urxía, xa que a mediados de maio o carro tiña que quedar libre, para subir outros barcos, e Pepe xa tivo bastante paciencia con nós, tivemos que pintar incluso en días de choiva.
Dous días antes da botadura démoslle a patente, e fomos dándolle os remates.
Metéronselle tamén tres cornamusas novas de carballo, para poder amarrala, e déronselle un par de máns de imprimación Xylamon fondo para logo darlle un lasur e deixalas madeira vista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario