domingo, 13 de junio de 2010

O motor da Balbina arrancou

Hoxe, dia 12 de xuño de 2010, aconteceu un feito que nos enche de ledicia e de orgullo. O meu cuñado Juan Luis, antíguo mecánico de motores mariños, quedou en vir vernos o motor e darnos unha opinión sobre o seu estado.

Sobre as 10:45 da mañán subimos a bordo da Balbina. Juán Luis empezou por botarlle un vistazo, pero en seguida me dixo "abre a caixa de ferramentas e dame un destornillador". É un home de acción, él non vén só a ver. Enseguida me fai comprobar o ruido que emiten os inxectores a base de apoiar un destornillador contra eles e escoitar coa orella pegada. Flipante..... óese como rascan.



De seguido da orde de quitarlle as tapas das culatas, e vemos as válvulas ó aire, comproba que non teñan folguras, e proba a mover o volante coa manivela. O descompresor está agarrotado. Non hai problema, cuns golpiños de martelo consige solucionalo enseguida.

Fainos falta un mechero para prender as mechas. Non temos. Miguel ten que ir a terra a mercar un.

O volante de inercia está cuberto de auga que a choiva meteu a bordo. Empezo a achicar, quito máis de 50 capazos de auga da sentina.

Chega Miguel cos mecheros. Trae dous do mundial. Un deles pon "Si podemos". ¿Será boa sinal?

Metemos as mechas e prendémoslle lume, metémolas nos inxectores. Intentamos arrancar. Juán Luis dalle á manivela e eu estou ó mando do descompresor. Non arranca.



Move as válvulas, quitamos as mechas, están apagadas. Volvemos a encendelas e volvemos a intentar arrancar. Segue sen ir.

Tras varias comprobacións e regulacións, segue intentándoo, non da o brazo a torcer. Intentámolo máis dunha ducia de veces e cada vez coa mesma rutina, quitar as mechas, volvelas a prender e metelas de novo, voltas á manivela e liberar o descompresor.




Intentámolo cun bote de autoarranque. Parece que quere ir. Juan Luís nos dí, esto vai a ir.

De repente vemos que chega David que vai no chinchorro para o Tina Husted, abarloa ó noso carón e sube a bordo. Está moi interesado na operación.

Intentámolo dúas veces maís , cambiamos as mechas por unhas máis novas. Juán move a manivela, eu acciono o descompresor , pedímoslle a David que comprobe se sae fume pola cheminea. Dámoslle caña, e David nos dí que sí que sae una pequena bocanada de fume.

Seguimos tentándoo co autoarranque. Juán á manivela e dando as ordes, David observando a cheminea, Miguel metendo unha man polo portillo da casota e disparando o spray autoarranque, e eu no mando do descompresor .




De repente, xa sobre as 14:30 da tarde, nunha destas rutinas, o motor arranca, empeza a sair fume pola cheminea e Juan Luis controla o mando do acelerador para que non se cale. Soa moi ben, SÓA A GLORIA. Él nos día que hai un traqueteo raro, pero o díto, a nós sóanos a gloria.




Doulle a cámara a Miguel para que saque un vídeo, pero está tan emocionado que graba e para a grabación en cuestión de segundos, co que non temos documento de tan importante momento.

Juan Luis nos fai comprobar se sae auga polo costado de babor. Debería sair a auga da refrixeración do motor, pero non sae nada, volve a preguntar de novo, non sae nada. A bomba de auga non funciona, e antes de que se queime o motor opta por apagalo. Foi un escaso minuto, pero a Balbina arrancou e estivo co motor en marcha durante un minuto.



Somos optimistas, o peor xa pasou, o motor, tras moitos anos parado, funciona, ¡¡¡¡funciona!!!!. Agora é cuestión de limpalo, cambiarlle aceite, comprobar os inxectores, regulalo, meterlle gasoleo novo (a todo esto as probas fixémolas co gasóleo que había no tanque dende fai anos, e ainda así arrancou). E a ver se dentro de pouco a Balbina pode facer unha singladura sen ser remolcada.

3 comentarios:

  1. Felicidades, enhoraboa, porque a ilusión e o empeño está claro que move, polo pronto o motor da Balbina.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa polo éxito e grazas polo empeño que puxestes. Significa isto que a Balbina vai poder navegar co seu auténtico motor?.

    Deica!

    ResponderEliminar
  3. Noraboa, a Balbina xa ten o corazón latexando, en pouco tempo ha parecer unha moza.

    ResponderEliminar