Este sábado Fran e máis eu dispoñíamos a outra xornada de traballo a bordo da Balbina. Tras o parón do verán, no que todos os socios estámos moi liados entre vacacións e outros eventos, empezábamos os traballos de novo na cuberta da Balbina.
Nada máis sair do peirao de Lorbé empezou a chover. Chegamos á Balbina e levámonos unha desagradable sorpresa. Tiñamos a bordo centos de polizóns. Unha gaivota morta foi caer nunha das bolsas de auga que se forman nas lonas que tapan a cuberta e centos de bermes a estaban descompoñendo.
Tras limpar a cuberta quitamos as lonas e vimos que o barco tiña bastante auga dentro. As lonas cubren pero sempre se filtra auga polos bordes. Poñemos a traballar o achicador portatil que levamos, sobre as 11:30 da mañán, e cando nos fomos sobre as 14:10 ainda non dera achicado toda a auga que tiñamos dentro. Hai que pasar máis a miudo polo barco.
A choiva por fin parou e deixóunos traballar.
Aproveitamos a madeira que tiñamos a bordo para colocar dúas táboas da banda de babor e casi toda unha das partes entre-bodegas.
Agora temos que mercar máis madeira para poder acabar a parte central dende o motor ata a proa, e xa quedará toda a cuberta tapada, faltando só facer as brazolas e colocar as novas tapas nas bodegas.
Desta non poidemos quitar fotos porque quedaron as cámaras no local Patexeiro.
Palmeirán
No hay comentarios:
Publicar un comentario