Este sábado pasado tiñamos quenda de traballo na Balbina os dous Franciscos Patexeiros (López e Vázquez). Cargamos o bote co achicador, as ferramentas, unha nova remesa de madeira e con ordes de rematar a cuberta dunha vez. Malia as ameazas do de Palmeira esquecemos en terra uns neumáticos que había que poñer para aguantar as lonas, outra vez será.
Colocamos 5 táboas das que rematan en punta na proa e puxemos o peche do espazo que vai entre a cabina e un tambucho. Para o próximo día son todas tiradas máis curtas. Decatámonos de que non avanzamos de forma totalmente simétrica hacia a fogonadura, hai unha diferencia de centímetro e medio aproximadamente. A priori eu botáballe a culpa a nosa neglixencia como carpinteiros, pero non hai moito espazo para o erro cando todas as táboas coas que traballamos son iguais, probablemente é un problema unha característica da propia Balbina.
Por suposto que non rematamos pero dimos un paso máis, ímonos aproximando asintóticamente ao fin da restauración.
Teño a sensación de que as táboas desta remesa son mais fraxiles ca as anteriores, haberá que ver que resultado dan co paso do tempo.
Mentras estabamos traballando fixeronnos unha visita Roberto e a sua parella que se dirixian ao seu fermoso veleiro para dar unha volta. Roberto é un vello patexeiro que agora se reincorpora á asociación. Benvido de novo.
Non imos publicar fotos de como vai a restauración porque, ainda que tíñamos a bordo unha cámara reflex dixital co seu trípode, non quedamos contentos cos documentos gráficos porque a iluminación non era a máis idonea. :-P
Saudos Patexeiros.
Fai uns anos triunfaron no sector inmobiliario e no financieiro dous rapaces co mesmo nome, que logo se casaron con dúas boas mozas ben juapas e ben situadas. Eles chamábanse "Los Albertos". Agora nas filas Patexeiras temos tamén a dous rapaces "Os Pacos" que xa están triunfando no sector da construcción naval, e tamén penso que teñen triunfado coas mozas. Así que lles desexo máis triunfos no sector financieiro dos que tiveron Los Albertos.
ResponderEliminarPena da mala iluminación para poder ter esas imáxes dos traballos na cuberta da Balbina, pero quero que saibades que xa estou en contactos con Sebastiao Salgado, con Ouka Lele e cun discípulo de Henri Cartier-Bresson para que vos acompañe na seguinte xornada de traballo a bordo para ver se podemos ter unhas boas imaxes.