lunes, 12 de marzo de 2012

Acabou o lixado da cuberta

Por fin este fin de semán rematamos o traballo máis engorroso na Balbina, o lixado.

Despóis de varios venres e sábados lixando a cuberta, os barraganetes e a sorraina, por fin rematamos.

O venres alá cheguei a Lorbé sobre as catro e media da tarde saudei a Pepe o carpinteiro e a Jose, o fillo, que estaban rematando de arranxar a amura de babor, botóulle catro barraganetes novos, a sorraina e un tramo do trancanil.

Quedou moi ben, como podedes ver nas fotos.

Xa temos as dúas amuras novas. A de estribor botóuse no 2010 despóis de que un barco vello abarloado á Balbina a rompese durante un temporal. Eso si, a tivemos que pagar nós.

Despóis de ver o traballo de Pepe púxenme máns á obra, e á radial.

Un pouco máis tarde chegou Carlos Quintas, que como confesa que é o socio menos experto no uso de ferramentas, alá lle din un cursiño acelerado do uso da lixadora de banda, e dou fé que xa ben entrada a tarde xa lle collera o gustiño e estaba facendo un bo traballo.

Sobre as 7 e media arriamos pois xa non se vé moi ben, e ainda que temos as luces do porto, non chega a dar a suficiente luz na proa para traballar.


O sábado, unha nova xornada de traballo.

Eu estiven dende as 10 da mañán dándolle á radial e á lixadora de banda, sobre as 11 chegou Jaime que se puxo a limpar a Desexada.

Á unha da tarde apareceu o Comandante Martiño con ganas de traballar e alá se puxo o mono e subeu á cuberta da Balbina. Atacóulle á lixadora de banda mentras eu remataba coa radial. E logo, mentras él remataba, eu xa iba tapando as puntas con masilla.

Continuamos lixando os dous e sobre as tres da tarde xa tiñamos listo o tramo que faltaba.

Unéusenos Jaime e empezamos a rematar cunha lixa máis fina e despois a aspirar o polvo.

Ás catro da tarde chegaban os alumnos e mestres do cursiño, e nós empezábamos a pintar.

Jaime e Martiño dándolle minio con linaza a barraganetes, trancanil e sorraina.

Eu empecei a colocar unhas táboas que faltaban na cuberta na parte de proa, dóume tempo a poñer tres, pero como xa iba entrando a tarde deixei ese traballo e me puxen a darlle o mexunxe de alcatrán con lasur á cuberta (non volveremos a poñer nombres de marcas comerciais mentras non solten a mosca ou nos patrocinen).


É mellor que a cuberta quede tratada por se se pon a chover.


Tamén lle din alcatrán á amura nova que botou o carpinteiro.

Acabamos sobre as 8 da tarde e fomos recollendo todo o material.

Outro fin de semán máis.

Palmeirán



No hay comentarios:

Publicar un comentario