jueves, 29 de marzo de 2012

Previos á botadura e botadura

O mércores acudimos tres patexeiros a traballar na Balbina xa que ó día seguinte tiña que ir para o mar.

Roberto xa estivera o martes dándolle unha man de patente á metade do barco.

Eu estiven o mércores ó mediodia facendo varios traballos. Por unha banda estiven lixando a última cornamusa de proa que ainda estaba por lixar, colocando as dúas e pintalas. Ésto era imprescindible para poder amarrala no fondeo.

Tamen continuei dándolle patente ó resto do barco, deixando a parte de abaixo da metade para proa por ter que marchar.

Pola tarde quedei alí de novo con Roberto e con Martiño.

Mentras Roberto acababa de darlle a patente, Martiño adicóuse a poñer os ánodos.

Eu, como vedes, trouxen unha pequena patexeira que tamén colaborou lixando, pintando a cuberta, aspirando o pañol de proa e quitándolle toda a cinta de empapelar ó barco.



















E iso foi o que fixemos entre os dous. Ó final da tarde quedou o pañol de proa limpo de novo. Démoslle alcatrán por dentro ás táboas novas que se botaron nas amuras, tamén pintamos o mamparo de alcatrán e lasur.



 Pintamos tamén co mesmo mexunxe parte da popa ata o motor, que só tiña unha man.




















Logo Roberto foi quitar o seu barco para deixar libre o fondeo para a Balbina e Martiño rematou de dar a patente que faltaba.

Subimos todas as táboas que estaban no carro a bordo e deixamos todo listo para facer a manobra ó día seguinte.


Palmeirán


A botadura

O xoves pola mañá estaba previsto botar Balbina ao mar, cando cheguei a Lorbé xa estaba o fillo de Pepe coa faena, axudado por Eduardo que se encargaba de controlar o motor e outros habituais de Lorbé.
A maniobra de baixada transcurriu sen incidentes dignos de mención.


Ao pouco chegou Agustín que se ofreceu para ir na Balbina e asegurarse de que quedaba ben amarrada.


Un pesqueiro de Lorbé encargouse do remolcado a toda presa, non creo que tardaran nin dez minutos en estar de volta. 

Xa temos de novo a Balbina no mar lista para criar mexillóns a tuti pleni. Xa se sabe o que pasa nesta zona, calquera cousa que toque a agua convértese nunha batea. Nestas augas non se pode bañar un máis de 10 minutos seguidos sen sair cun bivalvo enganchado.

Ainda queda traballo que facer no barco e non é o mesmo traballar en terra ca ter que ir remando para calquera cousa que se lle queira facer, pero é o que nos toca e senón traballáramos máis cando estaba no carro.


Fran

domingo, 25 de marzo de 2012

Pintura e limpeza

Pola semán, o compañeiro Roberto doulle minio á amura de babor que estaba co alcatrán.

Recordade que lle botamos nova esa amura fai unhas semáns e tamén se repararon unhas táboas no lado contrario, donde vedes pintado de azul marino.

Cando cheguei este sábado pola mañán, o barco tiña este aspecto

Collín a pintura típica da Balbina, denominada polo fabricante como "azul piscinas", e me puxen a darlle unha man de pintura a todo o casco, e sobre as 11 da mañán xa presentaba esta outra cara.


Estiven un momento falando con Pepe o carpinteiro, que estaba calafateando un bote. Na foto podedes apreciar todas as ferramentas dun bo calafate: os ferros, a estopa, o mazo e a caixa de levar as ferramentas, que sirve tamén como banco á hora de traballar nunha cuberta.


Pepe non é o típico carpinteiro que non che rebela para nada os segredos dos seu traballo, ó contrario, este home explícache como se fai calqueira procedemento con tal de que llo preguntes. Énos de moita axuda telo sempre cerca.

Continuei pintando e sobre a 1 a Balbina xa lucía desta maneira.


Non pintei toda a sorraina para non borrar as letras tan bonitas co nome do barco, que nos fixera Ana, ainda que lle teremos que pedir que nos veña pintar o folio, porque ese si foi inevitable borralo polas reparacións feitas.


Pasada a 1 da tarde chegou Martiño, disposto a facer limpeza no camarín da máquina. Púxose o buzo e alá se meteu dentro.

Eu, unha vez rematei de pintar todo o barco coa pintura azul, subín á cuberta darlle unha segunda mán de pintura ós barraganetes, trancanil e sorraina de popa, para poder colocar as cornamusas que xa estivera preparando no galpón.











Fixemos unha paradiña para meterlle ó corpo un dos famosos bocatas de calamares do restaurante de Lorbé. Recoméndovos tomar un cando vaiades por alí a visitarnos. Literalmente, collen unha ración de calamares e cha meten dentro dun cacho de rosca de pan. Impresionantes os bocatas. Iso si, levade un dos billetes máis pequenos que temos no sistema euro, pero vale a pena.

Pola tarde unéusenos ó traballo o último socio en enrolarse nas filas patexeiras, Miguel Marta, que se puxo a darlle a segunda mán de pintura ó  trancanil, sorraina e barraganetes de proa. E fixo un moi bo traballo.

Martiño seguía limpando o camarín e unha vez quitou o máis gordo, casi un capacho cheo de conchas, virutas, chapapote, etc...,   logo púxose a limpar coa hidrolimpadora e unha solución desengrasante, ó tempo que se quitaba a auga coa bomba de achique.

Agora a ver se seca ben para poder pintar e dixarlle curioso o sitio para que traballe o mecánico.

Logo nos puxemos él e máis eu a limpar unha das bodegas que faltaban por limpar, pero cerca das 7 e media da tarde empezaron a caer unhas pingas de auga, polo que decidimos tapar o barco e rematar cos traballos.

Tamén gracias á colaboración de Jorge, un dos alumnos do curso de carpintaría, deixamos cortadas varias pezas de eucalipto para facer as brazolas. A nosa intención era facelas de iroko, pero visto o caro que está a madeira e os poucos fondos patexeiros, decidimos aproveitar unhas pezas de eucalipto que mercáramos cando reforzáramos algúns baos da cuberta.

Para a semán máis, e rápido porque o barco vai ter que ir para o mar en pouco tempo. Pepe ten que dispoñer do carro para subir os barcos que chegan a partires destas datas.


Palmeirán

lunes, 19 de marzo de 2012

Seguimos pintando

Este venres pola tarde volvín a achegarme a Lorbé para seguir pintando na Balbina.

Puden ver o bó traballo que fixo o compañeiro Roberto pola semán, xa que pintou toda a sorraina, barraganetes e trancanil de estribor como podedes ver nas fotos.


E alá me puxen eu ca de babor. Facía unha moi boa tarde e daban choivas para o sábado, así que tiña que quedar listo.

Cando estaba pintando achegóuse Agustín a traer un ferro para calafatear e pouco despóis chegou Francisco que se puxo coa limpeza do interior do barco, e entre os dous foron levando cousas para o local patexeiro.

Sobre as 7 e media da tarde éste era o aspecto que lucía a cuberta da Balbina.


Parecéunos que a pintura tiña unha tonalidade un pouquiño máis clara ca da outra banda. Estrenábamos cacharro e parece ser que as máquinas de mixturar a pintura non son demasiado exactas, pero bueno, non hai nada que non se arranxe cunha segunda man a todo.


A ver se o vindeiro fin de semán empezamos coas brazolas e imos deixando tapada toda a cuberta.

Tamén hai que ir limpando todo o barco por dentro para poder darlle a revisión ó motor.

Palmeirán

miércoles, 14 de marzo de 2012

Pintando

Onte, luns, o compañeiro Roberto achegóuse un momento a Lorbé para salar un pouco a Desexada e de paso estivo pintando na Balbina.

Pintou de minio o tramo da sorraina e barraganetes da amura de babor, que deixáramos o sábado cunha man de alcatrán, que dou secado ben e se pudo pintar de minio por encima.

Como vedes, en algunhas partes do barco estamos aplicando tratamentos distintos para ver o seu comportamento a longo prazo.

Cando en tempos de crisis, os gobernos e as empresas recortan en I+D+I, nós, Os Patexeiros, investimos máis nese campo.

Tamén pintou parte da sorraina e barraganetes de estribor da pintura marrón que utilizamos no interior do barco.

Está quedando moi bonito.

Non teño fotos para mostrarvos xa que era bastante noite cando cheguei a Lorbé, e a cámara do teléfono non ten flash.


Palmeirán

lunes, 12 de marzo de 2012

Acabou o lixado da cuberta

Por fin este fin de semán rematamos o traballo máis engorroso na Balbina, o lixado.

Despóis de varios venres e sábados lixando a cuberta, os barraganetes e a sorraina, por fin rematamos.

O venres alá cheguei a Lorbé sobre as catro e media da tarde saudei a Pepe o carpinteiro e a Jose, o fillo, que estaban rematando de arranxar a amura de babor, botóulle catro barraganetes novos, a sorraina e un tramo do trancanil.

Quedou moi ben, como podedes ver nas fotos.

Xa temos as dúas amuras novas. A de estribor botóuse no 2010 despóis de que un barco vello abarloado á Balbina a rompese durante un temporal. Eso si, a tivemos que pagar nós.

Despóis de ver o traballo de Pepe púxenme máns á obra, e á radial.

Un pouco máis tarde chegou Carlos Quintas, que como confesa que é o socio menos experto no uso de ferramentas, alá lle din un cursiño acelerado do uso da lixadora de banda, e dou fé que xa ben entrada a tarde xa lle collera o gustiño e estaba facendo un bo traballo.

Sobre as 7 e media arriamos pois xa non se vé moi ben, e ainda que temos as luces do porto, non chega a dar a suficiente luz na proa para traballar.


O sábado, unha nova xornada de traballo.

Eu estiven dende as 10 da mañán dándolle á radial e á lixadora de banda, sobre as 11 chegou Jaime que se puxo a limpar a Desexada.

Á unha da tarde apareceu o Comandante Martiño con ganas de traballar e alá se puxo o mono e subeu á cuberta da Balbina. Atacóulle á lixadora de banda mentras eu remataba coa radial. E logo, mentras él remataba, eu xa iba tapando as puntas con masilla.

Continuamos lixando os dous e sobre as tres da tarde xa tiñamos listo o tramo que faltaba.

Unéusenos Jaime e empezamos a rematar cunha lixa máis fina e despois a aspirar o polvo.

Ás catro da tarde chegaban os alumnos e mestres do cursiño, e nós empezábamos a pintar.

Jaime e Martiño dándolle minio con linaza a barraganetes, trancanil e sorraina.

Eu empecei a colocar unhas táboas que faltaban na cuberta na parte de proa, dóume tempo a poñer tres, pero como xa iba entrando a tarde deixei ese traballo e me puxen a darlle o mexunxe de alcatrán con lasur á cuberta (non volveremos a poñer nombres de marcas comerciais mentras non solten a mosca ou nos patrocinen).


É mellor que a cuberta quede tratada por se se pon a chover.


Tamén lle din alcatrán á amura nova que botou o carpinteiro.

Acabamos sobre as 8 da tarde e fomos recollendo todo o material.

Outro fin de semán máis.

Palmeirán



martes, 6 de marzo de 2012

Reparación na amura de estribor

Hoxe empezou o carpinteiro a facer a reparación na amura de estribor xa que tiñamos tres táboas mortas e xa que está no carro, pois aproveitamos para cambiarllas agora.

Tamén temos que cambiar outras dúas da amura de babor, e xa que se vai a traballar nese lado, sustituirase un tramo da sorraina, parte do trancanil na proa babor, e dous ou tres barraganetes que antes de que acaben peor vanse a cambiar.

Palmeirán



domingo, 4 de marzo de 2012

Xa chegamos á parte de proa

Este sábado de novo nos achegamos á Balbina para continuar traballando na cuberta.

Pola mañán, Fran V. e máis eu estivemos lixando a cuberta pola metade do barco, xusto ós lados do motor.

Empezamos tarde, xa casi eran as doce, pero empezamos con ánimo, ainda así a cuberta estaba moi mollada e as lixadoras non daban feito, xa que se embozaban enseguida.

A min, que son un incondicional da radial, ocurréuseme utilizala para quitarlle o máis gordo, e que logo Fran lle dese coa de banda. E así o fixemos.

Deixando caer suavemente a rebarbadora pequena sobre a cuberta adiantaba moito traballo e non se embozaba tanto. Cando o facía recurríamos ó cepillo de arame para limpar as lixas.

Sobre a unha e media, Fran tivo que irse e alí me quedei eu un pouco tempo só ata que chegou Rober, que viña de traballar no seu barco que está agora fondeado na boia que usaba a Balbina.

Empezaba a sair o soliño, así que sentámonos nas pedras e alí, cunhas estupendas vistas do porto de Lorbé xantamos uns bocatas e un pouco de fiambre. Como din en Palmeira "tomamos o lonche".

Sobre as tres puxémonos de novo a currar e empezamos limpando debaixo do carro da Balbina, que ainda tiñamos tirado o mexilón que lle quitamos ó casco cando se limpou ca hidro. Catro sacos de basura dos grandes, cheos de mexilón tiramos. E que as patentes de agora xa non son como as de antes.

A pena é que ninguén a necesitase para abonar unha leira.

Seguimos lixando a cuberta ata que sobre as seis da tarde unéusenos Miguel, un novo socio patexeiro, que xa veu botar unha man no seu segundo día como socio. ¡¡¡estas si que son ansias!!!

Estivo tapando as puntas con masilla mentres Rober e eu acabábamos de lixar. Logo aspiramos, seguimos tapando as puntas e botando algunhas que quedaran sen botar, volvémoslle a pasar unha lixa fina para eliminar o sobrante da masilla e rematar mellor as táboas.

Xa sobre as sete da tarde empezamos co pintado co mexunxe de sempre.

Como ameazaba choiva para o domingo, antes de irme decidín tapar a zona cunha lona para que non empapase moito pero deixandoa aberta para que correra o aire e secara.

Volvemos para o seguinte fin de semán.


Palmeirán