viernes, 18 de enero de 2013

Casi listo o cuartel da bodega de popa

Tal e como víchedes na entrada anterior, xa deixara cortadas as táboas para cubrir o bastidor.

Hoxe reforcei as unións cuns ángulos de madeira e logo empecei a colocar as táboas. Deixéille un pequeno alero de 2 cms por estética e para poder levantala con facilidade.

O ensamble das táboas realízase bastante rápido. Son machiembradas, porque era a madeira que tiñamos dispoñible no local e hai que utilizala. Aprétoas un pouquiño co sarxento e atornilloas.

Os tornillos van embutidos e logo levarán uns tapíns.

Unha vez rematada de ensamblar dinlle unha pasada ca lixadora de banda para igualar as unións e matar os cantos.

Rematado o proceso de lixado apliquéille unha man de Xylazel Fondo para protexelo dos fungos da pudrición e da bichería.

Dinlle tamén pola parte de dentro e así a deixei por hoxe.

Agora hai que esperar a que seque ben, poñerlle os tapíns, lixalos, darlle unha segunda man de fondo protector e aplicarlle o lasur Xylazel Roble.

Así que penso que mañán non o vou a facer porque con este tempo non vai secar ben. Xa veremos.

Palmeirán


No hay comentarios:

Publicar un comentario