Hoxe facía un frío en Lorbé que botaba para atrás. Estiven esperando a que parara de chover para achicar a Balbina, pois xa tiña moita auga.
Por fin dou unha tregua e conectei a bomba e a deixei achicando unhas horas ata que quedou casi vacía.
Mentras, e como o tempo segue sen deixarnos traballar na cuberta da Balbina, continuei traballando nos dous cuarteis de popa que están a medio rematar.
Fíxenlles os tapíns para os dous, encoléinos e coloquéinos.
O do pañol de popa segue pendente de colocar unha taboa, ó final vou a ter que usar dúas, ainda que quede un pouco asimétrico, pero hai que usar o material do que dispoño no taller.
Así queda este cuartel cos tapíns colocados a falta de lixalos.
No cuartel da bodega de popa tamén deixei colocados todos os tapíns, que os fixen nunha madeira oscura (de samanguila) para que fixeran un pouquiño de contraste co claro do piñeiro.
Ainda que os hai que deixar secar, fixen unha pequena proba lixando uns cantos para darme unha idea do acabado final, e así vai quedando.
Tamén lle din unha segunda man de fondo protector.
A ver se o seguinte día os podo deixar rematados e listos para darlle o lasur Xylazel.
Palmeirán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario