domingo, 5 de mayo de 2013

Fin de semán previo á botadura

Pois si, xa temos que botar o barco ó mar o vindeiro martes. O inverno foi duro e casi non nos deixou traballar e a Balbina terá que ir para o mar sen o seu caseto. Polo demáis vai sair casi toda pechada cos cuarteis listos, a falta de poñer as brazolas de un para meterlle o cuartel que casi temos listo.


O venres pola tarde Jaime se adicou a pastear algunhas pequenas grietas mentras eu limpaba e lle daba unha man de Xylazel roble á cuberta de proa.

O sábado pola mañán tivemos visita de varios socios patexeiros para ver como nos iban os traballos.

Despois Miguel Marta se puxo a facer varias cousas, pastear, pintar, etc. Moncho Cerviño púxose a darlle unha man de Silver Proa á obra viva, mentras eu me poñía a axustar os cuarteis, que fixen un pouco xustos (manía miña de facer as cousas ó milímetro) e tiñamos medo que ó inchar se atrancasen.

Pola tarde quedéime eu só e despois de lixar suavemente a cuberta lle din unha man de Xylazel roble ó resto da cuberta ata chegar á proa, onde o deixara o día anterior.









Hoxe domingo quedaron en ir Ana e Miguel a pintar o folio e Moncho a darlle Silver polo costado de babor, e, se lle da tempo, empezar xa a  darlle patente. Martiño posíblemente tamén se achegue para axudar ca patente.

O tempo bótasenos enriba e o martes ás 3 da tarde irá para o mar. Logo teremos que rematar os traballos a flote.

Palmeirán.



No hay comentarios:

Publicar un comentario