viernes, 1 de abril de 2011

EMPEZAMOS A DAR MINIO


Hoxe venres pola tarde, cun día de verán tremendo, empezamos a darlle o minio con aceite de linaza, para que penetre ben na madeira, ós baos.

Rematamos de darlle a primeira man a toda a sección dende o motor cara a proa.

En canto acabemos de enminiar os baos empezaremos a botar a cuberta.

Tamén temos que reparar un bao que está partido, que arranxaremos a ser posible mañán sábado.


Ante a escasez de Patexeiros, hoxe tiven que botar mán de reforzos externos, e Chicho prestóuse gostoso a botarme unha man co minio e tamén se ofreceu a axudarnos a botar a cuberta.

Mañán máis.

by Palmeirán

miércoles, 23 de marzo de 2011

A Balbina xa navega coa súa vela latina


.... eso sería o que todos quixéramos oir, a ver se para este ano vai.

De momento témonos que conformar con ver esta preciosa maqueta ca que amáblemente nos agasallou un bo amigo mariñeiro xa xubilado, de Pontedeume, o señor Lolo Placer Piñeiro.

Un regalo que apreciamos moitísimo e que levaremos a todas as mostras que fagamos. Xa estivo presente o primeiro día das Xornadas sobre o Patrimonio.











Esta maqueta danos unha idea a todos de como quedará a Balbina cando estea lista e aparellada coa súa vela latina, e como vedes está moi lograda, con todos os seus detalles característicos: os imbornais, a caseta do motor, a ponte de luces, a chimenea, etc..

Agora temos que pintar a maqueta coas cores orixinais da Balbina, ese azul ceo e bermello que sempre a caracterizaron.

Vendo estas imaxes, da a impresión de que o tempo se parou nos anos 50, cando a Balbina navegaba coa súa vela latina.

Estámoslle moi agradecidos Señor Lolo.

By Palmeirán

domingo, 20 de marzo de 2011


O pasado venres, catro Patexeiros (Pepe, Francisco, Fran Grandal e o Palmeirán) continuamos traballando na Balbina.

Nada máis chegar pasamos bastante tempo achicando a auga que nos entrou polas aberturas das lonas. O barco estaba encharcado. Menos mal que Pepe nos trouxo finalmente a bomba de achique e logo poidemos seguir traballando.

Dividímonos en dous comandos de traballo. Uns seguimos lixando ben os baos, quitándolle zonas mortas, masillando e dándolle a imprimación e deixándoos listos para aplicar o minio co aceite de linaza, mentres outros estiveron quitando pintura vella da parte da sentina por debaixo das taboas do plan, que na proa ainda non se lle quitaran.

Non poidemos arranxar o bao da popa que está tronzado por non ter a madeira axeitada. Esta operación quedará para a vindeira semán.

Estamos moi ilusionados porque pensamos que este ano acabaremos a tempo sen as presas da última hora que tivemos o ano pasado e ainda que estamos metidos en moitas frontes estamos cumprindo con todo: traballos na Balbina, asistencia a Xornadas GAC, asistencia a Asamblea Federación, etc...

Imos ben.

by Palmeirán

domingo, 13 de marzo de 2011

Pouca cousa

Este fin de semán pouco poidemos facer na Balbina.

Entre a asistencia ás Xornadas de posta en valor do Patrimonio Marítimo, e o desprazamento a Cambados para asistir á Asamblea da FGCMF estivemos ocupados todo o sábado.

Ainda así, o venres á tarde Carlos e máis eu achegámonos a Lorbé para acabar de lixar os baos, masillámolos e démoslle unha imprimación abundante de fondo, co que xa quedan listos para darlles o minio co aceite de linaza e pintalos se procede.


O vindeiro fin de semán máis.

By Palmeirán.

domingo, 20 de febrero de 2011

Isto xa vai collendo forma

Deste Sábado tivemos mais sorte. A climatoloxía nos axudou, e ala estivemos 5 patexeiros pola mañan e outro que dobrou turno porque o vindeiro sábado non estara.

Os traballos de rascado do interior do casco xa estan chegando a popa. Falta a sala da máquina, porque non colliamos todos alí. Durante a mañan estivemos a rascar todas as partes metálicas que se podína no motor, así coma o desengrasado con xabron potenete e abundanbte auga. Logo seguiu a limpeza en seco e con papel, para rematar de secalo ben.

E coma o dia se prestaba, ala fumos pola tarde a pintalo, porque se se deixa o ferro ao descuberto, para a seguinte semana vólvese a enferruxar, e non facemos nada.

Ainda non está acabado, e ainda hai que lle dar unha segunda man, pero ISTO VAI COLLENDO FORMA.

Agora xa está todo listo para empexar a montaxe de todas as pezas porparte do mecánico, e en breve xa intentaremos arrancalo de novo.

Sobre a sección madeira, a verdade e que dan medo. Da medo esta xente como traballa sen parar, alá agachados toda a mañan sen pestañear. Alá estiveron o Carlos, o Pepe e mais o Francisco, mentras Jaime e mais eu quedamos coa sección metal.

Quedou case todo rascado, porque a parte de Popa xa se vai poñer nova. Logo vira o tratamento para protexer a madeira, a pintura, e por fin, a cuberta.

De momento, vos deixamos unhas fotos (mal sacadas co movil) de como vai quedando o motor:

lunes, 14 de febrero de 2011

Proseguen os traballos de rascado e limpeza

O pasado sábado día 12 continuamos co rascado e a limpeza das bodegas.

Pouca xente se veu ese día a bordo da Balbina, deberon pensar que chovería e non acudiron á chamada.

Fran, como sempre, foi o primeiro e aproveitou para ir pasando todo o que había no pañol e levalo á bodega de proa que xa estaba rascada.




Eu cheguei tarde, pero compenséino quedándome todo o día traballando para adiantar o máximo posible.

Ás 7 da tarde xa tiña rascado casi todo o pañol, e parte da sala da máquina, limpado e quitado todos os restos de pintura para fora.

Como podedes ver nas fotos, a madeira atópase nun estado de conservación impecable.












Como traballar nas bodegas todo o día, abaixado, cansa bastante, e sobre todo no compartemento do motor, que queda menos espazo, nos últimos minutos estiven lixando a ferruxe do motor.




Lixei o volante, que quedou co aceiro á vista, e tamén limpei un pouco as tuberías de refrixeración de cobre, quedando brilantes, só para ver o efecto que terían co motor acabado..



O vindeiro día máis...

By Palmeirán

miércoles, 2 de febrero de 2011

Continúan os traballos na Balbina: rascado e limpeza

O pasado sábado, o Comando Balbina, continuamos dándolle caña ó noso barco insignia.

Uns arrincando (ou metendo) puntas e clavos, outros rascando e lixando a pintura vella, outros limpando o motor, e outros, como non, dirixindo.





Arrincáronse todas as puntas da cuberta, antes de nada, para poder traballar máis seguros, sen preocuparnos de cravar unha punta enferruxada.












Logo, nos puxemos co rascado utilizando distintas técnicas: dende o rascador manual, ata a mini radial, pasando pola radial con cepillo de arame. Cada un tiña a súa preferencia, e como ésta é unha Asociación moi democrática, respetábase a opinión de cada un.










Atopámonos que a madeira, grazas ó seu tratamento de alquitrán, está como nova.









Mentres, uns rascaban e lixaban, outros traballaban desengrasando a parte do motor. Aquí ainda teremos que insistir máis, e tamén rascaremos o motor para o posterior pintado.














Ó rematar a xornada, vaise tapando a cuberta para que as choivas non aneguen o barco e teñamos que achicar cada día.








E así queda toda tapadiño ata o vindeiro sábado que volveremos a atacarlle.


Grazas a todos os que están colaborando nos traballos, tanto Patexeiros como amigos pertecentes a outras Asociacións amigas.


by Palmeirán