viernes, 10 de febrero de 2012

Próxima varada da Balbina para acometer restauración

Nos vindeiros días levaremos de novo a Balbina ó varadoiro para acometer as tarefas de restauración desta tempada.

Hai moito que facer e temos pouco tempo, pero intentaremos deixar o máximo traballo posible feito. Somos xente que nos adicamos a esto por afición e por amor a estes barcos de madeira pero só dispoñemos dos fins de semán para traballar nos barcos, e daquí a primeiros de abril poucos fins de semán temos por diante. E ademáis hai que contar que o tempo nos respete, ainda que haberá cousas que se poidan ir facendo no local Patexeiro.


Así que, comprensión, e non nos tildedes de vagos.


- Botarase o tramo de cuberta que queda pendente (dúas ou tres táboas)
- Faranse as catro tapas de bodegas e pañoles.
- Intentaremos deixar listo o caseto do motor, ainda que se non o conseguimos sempre se pode deixar un provisional de aglomerado (fimapan - vox populi).
- Lixarase toda a cuberta.
- Calafatearase a cuberta á antigua usanza, con estopa, brea e alcatrán.
- Pintarase a cuberta con alcatrán e lasur.
- Pintarase o resto do interior que falta por pintar.
- Tentaremos deixar o motor listo. Colocarase o depósito de combustible.
- Meterase o alternador e tentaremos facer un cadro eléctrico.
- Equiparase con dispositivos de seguridade.
- Daráselle patente e se retocará a pintura do casco.

Logo quedará o tema de aparellala, pero isa xa é outra historia.

Palmeirán

jueves, 29 de septiembre de 2011

Catando a tapa dunha bodega



O sábado, por falta de xente para traballar a bordo, acheguéime ata o local e fíxenlle unha cata a unha das tapas das bodegas da Balbina. A ver se se podía recuperar ou a temos que facer nova.

Metinlle a lixadora e atopéime que a madeira está en bastante bó estado. Esta tapa non debía ter moitos anos. Así que, de momento, a imos a aproveitar mentres non facemos todas novas.

Vouna a lixar toda e a darlle un tratamento e pintala, a ver como queda.

Palmeirán

sábado, 24 de septiembre de 2011

Media tarde de venres na cuberta da Balbina

Onte venres, Francisco López e máis eu estivemos un par de horiñas traballando na Balbina.

Puxemos unhas cantas táboas pequenas na parte de proa e démoslle Xylamón a toda a última remesa de táboas novas (colocadas e sen colocar). Poidemos facer máis pero e que nos atopamos cuns "problemiñas".

Primeiro, o taladro que levei non tiña carga, e enterámonos cando quixemos facer a primeira fura. Esto o solucionamos ben, xa que vimos que a maioría das veces non facía falla o taladro. As puntas entraban perfectamente. So nun par de baos se resinten e había que cambiar a punta pois a dobraba. Esto é debido a que esta nova remesa de madeira parécenos a todos un pouco máis branda ca a anterior.

Logo quixemos continuar e acabar toda  a proa, pero atopámonos que unha pequena parte do trancanil  encima da amura de babor está en mal estado. Co que decidimos non continuar por ahí para consultalo co resto do comando de traballo a ver como procedemos. 


Se serrar e facer unha peza para acoplar ó trancanil ou outra solución.
 
Deixamos xa a táboa cortada para cando se solucione este punto, cravar e listo.

Fómonos para a parte de atrás, pegado á boca da bodega e alí tampouco continuamos por ver unha parte do medio bao da fogonadura que hai que levantar un pouquiño cunha cuña para poñelo ó nivel dos demáis. Como non tiñamos con qué facela tamén paramos nesa parte.

Pasamos á zona de proa estribor e puxemos un par de táboas. Tivemos que facer un pequeno rebaixe nas puntas  das táboas para que montase no falso bao da proa.
 

Non continuamos máis porque empezaba a chover e xa se estaba facendo tarde.

Outro día mais

Palmeirán

domingo, 18 de septiembre de 2011

A banda dos Pacos asalta a Balbina

Este sábado pasado tiñamos quenda de traballo na Balbina os dous Franciscos Patexeiros (López e Vázquez). Cargamos o bote co achicador, as ferramentas, unha nova remesa de madeira e con ordes de rematar a cuberta dunha vez. Malia as ameazas do de Palmeira esquecemos en terra uns neumáticos que había que poñer para aguantar as lonas, outra vez será.
Colocamos 5 táboas das que rematan en punta na proa e puxemos o peche do espazo que vai entre a cabina e un tambucho. Para o próximo día son todas tiradas máis curtas. Decatámonos de que non avanzamos de forma totalmente simétrica hacia a fogonadura, hai unha diferencia de centímetro e medio aproximadamente. A priori eu botáballe a culpa a nosa neglixencia como carpinteiros, pero non hai moito espazo para o erro cando todas as táboas coas que traballamos son iguais, probablemente é un problema unha característica da propia Balbina.

Por suposto que non rematamos pero dimos un paso máis, ímonos aproximando asintóticamente ao fin da restauración.

Teño a sensación de que as táboas desta remesa son mais fraxiles ca as anteriores, haberá que ver que resultado dan co paso do tempo.

Mentras estabamos traballando fixeronnos unha visita Roberto e a sua parella que se dirixian ao seu fermoso veleiro para dar unha volta. Roberto é un vello patexeiro que agora se reincorpora á asociación. Benvido de novo.

Non imos publicar fotos de como vai a restauración porque, ainda que tíñamos a bordo unha cámara reflex dixital co seu trípode, non quedamos contentos cos documentos gráficos porque a iluminación non era a máis idonea. :-P

Saudos Patexeiros.

domingo, 11 de septiembre de 2011

Unha mañan chuviosa

Este sábado Fran e máis eu dispoñíamos a outra xornada de traballo a bordo da Balbina. Tras o parón do verán, no que todos os socios estámos moi liados entre vacacións e outros eventos, empezábamos os traballos de novo na cuberta da Balbina.

Nada máis sair do peirao de Lorbé empezou a chover. Chegamos á Balbina e levámonos unha desagradable sorpresa. Tiñamos a bordo centos de polizóns. Unha gaivota morta foi caer nunha das bolsas de auga que se forman nas lonas que tapan a cuberta e centos de bermes a estaban descompoñendo.

Tras limpar a cuberta quitamos as lonas e vimos que o barco tiña bastante auga dentro. As lonas cubren pero sempre se filtra auga polos bordes. Poñemos a traballar o achicador portatil que levamos, sobre as 11:30 da mañán, e cando nos fomos sobre as 14:10 ainda non dera achicado toda a auga que tiñamos dentro. Hai que pasar máis a miudo polo barco.

A choiva por fin parou e deixóunos traballar.

Aproveitamos a madeira que tiñamos a bordo para colocar dúas táboas da banda de babor e casi toda unha das partes entre-bodegas.

Agora temos que mercar máis madeira para poder acabar a parte central dende o motor ata a proa, e xa quedará toda a cuberta tapada, faltando só facer as brazolas e colocar as novas tapas nas bodegas.

Desta non poidemos quitar fotos porque quedaron as cámaras no local Patexeiro.

Palmeirán

lunes, 20 de junio de 2011

Continuamos os traballos a bordo

Tras varias semáns sen ir a bordo a traballar, por falta de xente ou polo tempo inestable, este sábado fomos ata a Balbina, a sección dos Patexeiros, coñecida xa como "Os dous de sempre", a continuar botando táboas na cuberta.


Estivemos esperando ata as 11 a ver si chegaba algún Patexeiro máis pero vendo que non viña, pasamos polo estaleiro a recoller a madeira que nos cortou Pepe e de paso estivemos vendo os traballos que estaba facendo na buceta dos amigos de Mera e nun barco novo. Traballos que podedes ver na nosa  web Patexeira .


Cargamos as táboas no chinchorro e alá nos fomos a remos proa á Balbina.


Quitamos as lonas, limpamos un pouco a cuberta porque as galiñas do mar se adican a facer mexiloadas a bordo, e nos puxemos a botar táboas.


Como tiñamos compromisos familiares pouco tempo poidemos estar, pero botamos unhas tres táboas longas, deixando moito menos traballo xa que agora só quedan tramos pequenos, nos que se avanza moito en pouco tempo. A ver se para a seguinte xornada de traballo somos quenes de rematala, polo menos as táboas, logo ainda nos quedará. poñerlle as brazolas onde irán asentadas as tapas das bodegas.


Palmeirán

lunes, 2 de mayo de 2011

OUTRO DÍA MÁIS DE TRABALLO A FLOTE


O sábado Fran e máis eu (Jose o "palmeirán") collemos o chinchorro e nos achegamos á Balbina para seguir traballando nela.

Un día soleado estupendo que aproveitamos para tomar un pouquiño o sol mentres traballábamos. Como a maioría das veces os do Tempo volvéronse a equivocar e eses chubascos que daban para o fin de semán non apareceron por ningún lado

Fran estivo facendo unha das táboas de peche. Eu empecei a pintar os barraganetes da popa.







Como xa non había máis madeira para a cuberta, Fran púxose a pintar conmigo.

Unha vez rematamos nos puxemos a facer un dos mamparos que separan o motor da bodega de popa.

Mentres, outro comando en terra, composto por Jaime, Carlos e Xose Lagares, adecentaban o noso novo local social, dando imprimación para pintar outro día.

by Palmeirán