lunes, 14 de octubre de 2013

Limpeza e achique da tempada invernal

Hoxe venres achegámonos Pepe e máis eu ata a Balbina, para limpar a cuberta dos restos de cunchas de mexilón e outras lindezas coas que nos agasallan as gaivotas ó longo do verán.
Nesta foto xa quitáramos as cunchas de mexilón

Había moito traballo. Estivemos a bordo preto de duas horas, limpando, rascando, baldeando e achicando o barco.
Pepe co bruso/brux

Tamén tomamos as medidas para empezar coas brazolas do caseto e do último cuartel, que xa o temos feito no taller.

Pepe estivo rascando e limpando mentras eu baldeaba e achicaba. Tamén baldeamos todo o barco polo interior para salgar un pouquiño a madeira.

Quedou listo para revista. Agora a ver se colocamos as brazolas, armamos o caseto e o deixamos totalmente tapado.

Palmeirán.


miércoles, 8 de mayo de 2013

A Balbina xa está no mar

Onte martes a iso das tres e media da tarde, A Balbina volveu para o seu fondeo en Lorbé. Despóis de 6 meses varada, durante os cales non poidemos facer nela todo o que tiñamos pensado.


Esta temporada de varada, o tempo xogóunos unha mala pasada e poucas veces se pudo ir a traballar no barco, ainda que non toda a culpa a tivo o tempo, senón tamén a escasa man de obra patexeira que apareceu por Lorbé.

Agora ainda nos queda pendente facerlle a ponte, rematar de calafateala,  e uns pequenos retoques meores na cuberta.

En canto iso esté listo empezaremos co motor.

Para a manobra de onte martes xuntámonos en Lorbé, Jaime, que trouxo a zodiac e se encargou do remolque ata o fondeo, Dolores, Martiño e máis eu.

A manobra foi moi rápida e sen contratempos, só tivemos un pequeno percance cando íamos a chegar ó fondeo e o motor da zodiac se parou e non quería arrancar, co que tivemos que botar o bicheiro a unha boia  e manternos alí ata que Jaime consigueu poñelo de novo en marcha. Logo se daría conta de que eran uns cables que facían un mal contacto.

Quedou no fondeo e agora imos a preparar a Desexada para que quede lista para navegar e preparar tamén o noso Encontro, que está previsto para o vindeiro 22 de xuño.

Palmeirán

domingo, 5 de mayo de 2013

Fin de semán previo á botadura

Pois si, xa temos que botar o barco ó mar o vindeiro martes. O inverno foi duro e casi non nos deixou traballar e a Balbina terá que ir para o mar sen o seu caseto. Polo demáis vai sair casi toda pechada cos cuarteis listos, a falta de poñer as brazolas de un para meterlle o cuartel que casi temos listo.


O venres pola tarde Jaime se adicou a pastear algunhas pequenas grietas mentras eu limpaba e lle daba unha man de Xylazel roble á cuberta de proa.

O sábado pola mañán tivemos visita de varios socios patexeiros para ver como nos iban os traballos.

Despois Miguel Marta se puxo a facer varias cousas, pastear, pintar, etc. Moncho Cerviño púxose a darlle unha man de Silver Proa á obra viva, mentras eu me poñía a axustar os cuarteis, que fixen un pouco xustos (manía miña de facer as cousas ó milímetro) e tiñamos medo que ó inchar se atrancasen.

Pola tarde quedéime eu só e despois de lixar suavemente a cuberta lle din unha man de Xylazel roble ó resto da cuberta ata chegar á proa, onde o deixara o día anterior.









Hoxe domingo quedaron en ir Ana e Miguel a pintar o folio e Moncho a darlle Silver polo costado de babor, e, se lle da tempo, empezar xa a  darlle patente. Martiño posíblemente tamén se achegue para axudar ca patente.

O tempo bótasenos enriba e o martes ás 3 da tarde irá para o mar. Logo teremos que rematar os traballos a flote.

Palmeirán.



lunes, 29 de abril de 2013

Semán de traballo en Lorbé

Esta semán démoslle duro á Balbina xa que hai que botala ó mar nuns días.

O sábado da semán anterior, Martiño estivo limpando ben o casco para empezar a pintar, rascando moi ben a obra viva, e atopando algunha sorpresa na obra morta.


Martes pola tarde estiven achicando o barco que tiña un pouquiño de auga, e vendo o panorama que atopamos no trancanil de estribor que tiña a parte exterior totalmente podre.



O xoves pola tarde acheguéime ata alí a pintar un pouquiño. Dinlle unha man do seu azul característico polo costado de babor e un cachiño da amura de estribor.






O venres volvín a Lorbé e seguín pintando. Tamén se achegaron Carlos Quintas, que fixo un bo traballo limpando e aspirando a bodega e pañol de popa, Francisco, que estivo pouco tempo pero botóunos unha man rascando a hélice e cortando unhas argollas enferruxadas que tiñamos nos costados, e Moncho que se puxo tamén a pintar.

O sábado pola mañán estivemos outro comando patexeiro.

 Jaime, estivo pintando o courel e o cintón de vermello.

Miguel Marta e máis eu estivemos preparando unha peza para meter nunha parte do trancanil que atopamos con podrén, e que xa non nos dá tempo a cambiar desta varada, así que optamos por saneala un pouco e  botarlle un remendo para que non dé moito o cante.

Tivemos unha xornada moi desapacible e tiñamos que fuxir a cuberto cando caían fortes chuvascos e pedrizo, tendo que tapar o barco de cada vez que nos collía na faena. O vento ademáis pegaba bastante forte e dificultábanos ainda máis o traballo.

Eu xa me quedei alí para a tarde que chegou Moncho de novo para botar unha man e estivemos calafateando un pouco a cuberta nas táboas lindantes co trancanil e as brazolas, e dándolle unha man de Xylazel Roble á última parte da cuberta que botamos.


Xa deixamos postos un par de cuarteis.

E deixamos o barco tapadiño, esperando que esta semán podamos facer algo e rematar o traballo para que vaia casi cuberta para o mar, a falta do caseto.

Palmeirán.

miércoles, 17 de abril de 2013

Sempre falla algo

E hoxe casi deixaba rematado o último cuartel, pero de novo me quedei sen madeira da medida necesaria e quedou a última táboa sen poñer.

Xa cortei a táboa que falta, e ainda así teño que regruesala pois era dunha medida máis ancha pero teño que utilizar o que temos polo taller xa que ainda non fixemos outro pedido de madeira.

Aproveitei para facer os tapíns e tapar todos os tornillos, con madeira de iroko.

Unha pena o problema coa madeira, pois iba sobrado de tempo e xa o daba por rematado hoxe. Non pudo ser.

Palmeiran.

sábado, 13 de abril de 2013

Outra mañán de sábado no taller

Hoxe xa chegamos algo tarde a Lorbé, casi eran as 12.

Xuntámonos Miguel Marta e máis eu, e acabamos de rematar o montaxe do bastidor. Logo nos puxemos a montar as táboas da cuberta do cuartel.


Tivemos que facer un parón para ir buscar máis tornillos que quedamos sen eles. Tempo que aproveitei para ir ver a pequena reparación que fixo o carpinteiro Pepe na popa da Balbina. Non puden quitarlle fotos xa que non levara a cámara nin o teléfono.

Unha vez trouxemos os tornillos continuamos ca montaxe, e así a deixamos cando rematamos sobre as 2 e media da tarde. Faltan cinco taboas por fixar ó bastidor.

O seguinte día a ver se podo rematala.

Palmeirán.

viernes, 5 de abril de 2013

Proseguimos os traballos

E chove, e chove, e sigue chovendo, un día si e outro tamén.

Hoxe acheguéime a Lorbé despóis do parón da Semán Santa e de varias semanas de estar saturado por varias cuestións persoais.

Achiquei a Balbina, que como sempre, ó estar ainda aberta colle bastante auga.

Logo fun ó taller a ensamblar as pezas do bastidor para empezar a montar o último cuartel pendente, e así o deixei cando saín de Lorbé.



O carpinteiro ainda non nos empezou a cambiar unhas táboas na popa. Ese traballo encargámosllo ó estaleiro porque eu ainda non teño dominada a técnica de poñer as táboas do forro, ainda que estou seguro que se me poño, non quedaría mal de todo, pero tampouco se pode facer todo.

Mañán xa non podo ir, porque tamén hai que atender á familia, non só vai ser traballar.

Palmeirán