martes, 13 de noviembre de 2012

Facendo o cuartel do pañol de popa (III)

Nunha escapadiña ata Lorbé na hora de comer empecei a colocar as táboas da cubrición do bastidor.

Deixéille un voladizo de uns 2 cms por motivos estéticos e porque así xa sirven de asas para levantalo.

As táboas van unidas ó bastidor con tornillos de inox. Hai que ter moito coidado á hora de atornillalos, porque o elondo é unha madeira moi dura e o inox non soporta apenas torsión, co que, se te pasas un pouco apretando, parte o tornillo. Pasóume en duas ocasións, e iso que para facilitar o atornillado os embadurno primeiro con graxa.

Os tornillos van embutidos e logo os taparei cuns tapíns.

Nesta foto nótase a pequena curvatura para encaixar na cuberta da Balbina.

Quedóume unha táboa por colocar. Empecei polos costados para poder pechar logo no medio. Agora me atopo cun dilema: mercar unha peza de madeira de elondo e meterlle unha peza só dese tamaño ou aproveitar a madeira que xa teño no local que ten un ancho de 7cms e meterlle dúas pezas.

Posíblemente, por aforro de cartos será a segunda opción, e ó mellor por non complicarme facendo dúas pezas iguais,  meteréille unha enteira e un cacho de outra, ainda que o centro quede desplazado un pouquiño e non quede tan bonito estéticamente. Dependerá de como teña o día cando vaia a rematalo. Se estou vago será da maneira máis sinxela.

Como non me podía resistir, levéina ata a Balbina para ver como asentaba na cuberta, e a verdade é que lle queda como un traxe feito por un xastre. Encaixa á perfección.


Palmeirán


No hay comentarios:

Publicar un comentario