Outra escapada máis a Lorbé ó mediodia.
Antes de empezar co traballo tiven que achicar o barco porque as choivas dos últimos días fixeron que tivera bastante auga dentro.
Unha vez rematado o achique, estiven armando as brazolas da bodega de popa. Xa as tiña feitas de fai unhas semáns, e hoxe me puxen a asentalas no seu sitio, e unha vez asentadas, fixalas con uns bos tornillos de cabeza exagonal de inox.
As unións van a media madeira, xa que facer unha media cola de milano complicábaseme un pouco.
Practiquéille un pequeno rebaixe para que tapara as cabezas das táboas da cuberta.
Os tornillos van embutidos e irán cubertos cuns tapíns.
Ainda que non están rematadas, porque faltan os tapíns, dinlle unha man de Xylazel Roble Claro para deixalas protexidas do sol e da choiva.
Tamén xa tomei as medidas para empezar, o seguinte día, a facer o cuartel desa bodega.
Palmeirán
No hay comentarios:
Publicar un comentario