domingo, 20 de marzo de 2011


O pasado venres, catro Patexeiros (Pepe, Francisco, Fran Grandal e o Palmeirán) continuamos traballando na Balbina.

Nada máis chegar pasamos bastante tempo achicando a auga que nos entrou polas aberturas das lonas. O barco estaba encharcado. Menos mal que Pepe nos trouxo finalmente a bomba de achique e logo poidemos seguir traballando.

Dividímonos en dous comandos de traballo. Uns seguimos lixando ben os baos, quitándolle zonas mortas, masillando e dándolle a imprimación e deixándoos listos para aplicar o minio co aceite de linaza, mentres outros estiveron quitando pintura vella da parte da sentina por debaixo das taboas do plan, que na proa ainda non se lle quitaran.

Non poidemos arranxar o bao da popa que está tronzado por non ter a madeira axeitada. Esta operación quedará para a vindeira semán.

Estamos moi ilusionados porque pensamos que este ano acabaremos a tempo sen as presas da última hora que tivemos o ano pasado e ainda que estamos metidos en moitas frontes estamos cumprindo con todo: traballos na Balbina, asistencia a Xornadas GAC, asistencia a Asamblea Federación, etc...

Imos ben.

by Palmeirán

domingo, 13 de marzo de 2011

Pouca cousa

Este fin de semán pouco poidemos facer na Balbina.

Entre a asistencia ás Xornadas de posta en valor do Patrimonio Marítimo, e o desprazamento a Cambados para asistir á Asamblea da FGCMF estivemos ocupados todo o sábado.

Ainda así, o venres á tarde Carlos e máis eu achegámonos a Lorbé para acabar de lixar os baos, masillámolos e démoslle unha imprimación abundante de fondo, co que xa quedan listos para darlles o minio co aceite de linaza e pintalos se procede.


O vindeiro fin de semán máis.

By Palmeirán.

domingo, 20 de febrero de 2011

Isto xa vai collendo forma

Deste Sábado tivemos mais sorte. A climatoloxía nos axudou, e ala estivemos 5 patexeiros pola mañan e outro que dobrou turno porque o vindeiro sábado non estara.

Os traballos de rascado do interior do casco xa estan chegando a popa. Falta a sala da máquina, porque non colliamos todos alí. Durante a mañan estivemos a rascar todas as partes metálicas que se podína no motor, así coma o desengrasado con xabron potenete e abundanbte auga. Logo seguiu a limpeza en seco e con papel, para rematar de secalo ben.

E coma o dia se prestaba, ala fumos pola tarde a pintalo, porque se se deixa o ferro ao descuberto, para a seguinte semana vólvese a enferruxar, e non facemos nada.

Ainda non está acabado, e ainda hai que lle dar unha segunda man, pero ISTO VAI COLLENDO FORMA.

Agora xa está todo listo para empexar a montaxe de todas as pezas porparte do mecánico, e en breve xa intentaremos arrancalo de novo.

Sobre a sección madeira, a verdade e que dan medo. Da medo esta xente como traballa sen parar, alá agachados toda a mañan sen pestañear. Alá estiveron o Carlos, o Pepe e mais o Francisco, mentras Jaime e mais eu quedamos coa sección metal.

Quedou case todo rascado, porque a parte de Popa xa se vai poñer nova. Logo vira o tratamento para protexer a madeira, a pintura, e por fin, a cuberta.

De momento, vos deixamos unhas fotos (mal sacadas co movil) de como vai quedando o motor:

lunes, 14 de febrero de 2011

Proseguen os traballos de rascado e limpeza

O pasado sábado día 12 continuamos co rascado e a limpeza das bodegas.

Pouca xente se veu ese día a bordo da Balbina, deberon pensar que chovería e non acudiron á chamada.

Fran, como sempre, foi o primeiro e aproveitou para ir pasando todo o que había no pañol e levalo á bodega de proa que xa estaba rascada.




Eu cheguei tarde, pero compenséino quedándome todo o día traballando para adiantar o máximo posible.

Ás 7 da tarde xa tiña rascado casi todo o pañol, e parte da sala da máquina, limpado e quitado todos os restos de pintura para fora.

Como podedes ver nas fotos, a madeira atópase nun estado de conservación impecable.












Como traballar nas bodegas todo o día, abaixado, cansa bastante, e sobre todo no compartemento do motor, que queda menos espazo, nos últimos minutos estiven lixando a ferruxe do motor.




Lixei o volante, que quedou co aceiro á vista, e tamén limpei un pouco as tuberías de refrixeración de cobre, quedando brilantes, só para ver o efecto que terían co motor acabado..



O vindeiro día máis...

By Palmeirán

miércoles, 2 de febrero de 2011

Continúan os traballos na Balbina: rascado e limpeza

O pasado sábado, o Comando Balbina, continuamos dándolle caña ó noso barco insignia.

Uns arrincando (ou metendo) puntas e clavos, outros rascando e lixando a pintura vella, outros limpando o motor, e outros, como non, dirixindo.





Arrincáronse todas as puntas da cuberta, antes de nada, para poder traballar máis seguros, sen preocuparnos de cravar unha punta enferruxada.












Logo, nos puxemos co rascado utilizando distintas técnicas: dende o rascador manual, ata a mini radial, pasando pola radial con cepillo de arame. Cada un tiña a súa preferencia, e como ésta é unha Asociación moi democrática, respetábase a opinión de cada un.










Atopámonos que a madeira, grazas ó seu tratamento de alquitrán, está como nova.









Mentres, uns rascaban e lixaban, outros traballaban desengrasando a parte do motor. Aquí ainda teremos que insistir máis, e tamén rascaremos o motor para o posterior pintado.














Ó rematar a xornada, vaise tapando a cuberta para que as choivas non aneguen o barco e teñamos que achicar cada día.








E así queda toda tapadiño ata o vindeiro sábado que volveremos a atacarlle.


Grazas a todos os que están colaborando nos traballos, tanto Patexeiros como amigos pertecentes a outras Asociacións amigas.


by Palmeirán

domingo, 23 de enero de 2011

Desmontando a cuberta

Bo Ano a Todoas/os. Como seguramente xa saberedes, o 2011 vai ser o ano internacional dos Patexeiros, mais ou menos. Neste ano, si, seguro que si, poderemos xa navegar coa Balbina.

En calqueira caso, xa estamos nun punto de non retorno, porque o pasado sábado comenzamos tímidamente os traballos no noso buque insignia, pero onte...onte si que foi unha xornada gloriosa.

Arrancamos o ano con moita ilusión , e onte Arrancamos o dia con moito ánimo, traballando no barco, e arrancamos esa espiña que tiñamos cravada de que non somos quen de facelo traballo, e sobre todo:

ARRANCAMOS A CUBERTA TODA !!!!

Por iso estamos nun punto de non retorno. Agora xa non temos so a obriga moral de ter rematado o barco canto antes, senon que e unha obriga físca, que se non apodrecerá.


Agora quera o traballo de limpalo e pintalo ben por dentro, reforzar os baos que estea mal, e empezar Xa a reconstrucción.

Pola outra banda, no Comando Motor, estivemos a desmontar todos os elemento auxiliares, e incluso conseguimos (estivo complicado) sacar o émbolo da bomba de aspiración de auga de refrixeración. Como era de sospeitar, o émbolo estaba mal, e hai que sustituir a membrana, que por certo e de coiro.
Moitísimas gracias a todos os que vos sumástedes a este proxecto, e parabens porque estades a facer un traballo moi bo. Non sei exactamente por qué mecanismo bioquímico, pero en xornadas coma as de estes dous sábados que levamos, estase creando alá una especie de atmosfera de benestar e ledicia francamente inigualable. Estou absolutamente seguro que estar traballando na Balbina non e recomendado por 10 de cada 9 médicos sinxelamente porque non nos coñecen. Imaxino perfectamente ao Eduard Punset entrevistando a un sociologo deses da universidade de por exemplo Minnesotta: "-Then, Dr. Johanstron, Do you thing that the brain would become perfect by working under the"Patexeiran way of life"?.....
O que lle apeteza vir a botar unha man ou curiosear, xa sabedes onde estamos, todos os sábados de 9 as 2 da tarde no porto de Lorbé, xunto á carpintería de Pepe. Ala nos poderedes ver reconstruindo coas nosas propias mans o que foi o derradeiro Patexeiro de Galicia,
Ou....
¿deberiamos dicir do Mundo?


domingo, 19 de diciembre de 2010

A Balbina xa está de novo en Lorbé

Este pasado sábado remolcamos de novo a Balbina ó estaleiro de Pepe en Lorbé, donde lle imos a facer unha serie de traballos durante este inverno, que esperemos que den os seus froitos e no verán poida xa navegar polo menos a motor, e luzca a súa inconfundible fasquía pola ría de Sada.


Saímos da bocana do porto de sada sobre as 11:45 remolcados pola Zodiac do CNRS, que como sempre, colabouran connosco en todo o que necesitamos e arribamos ó varadoiro de Lorbé ás 13:00.


Ó longo da a travesía, aproveitamos para achicar o barco e limpar a cuberta, moi atacada polas amigas gaivotas.


A primeira impresión nada máis sacala do mar foi que as patentes de agora xa non son como as de antes. Tras sete meses despois de botala ó mar, nalgúns sitios xa tíñamos mexilón pa facer unhas cantas paellas, o arneirón tamén empezaba a verse nalgunhas partes, e noutra parece que a patente non agarrou ben.





Hai que ter en conta que durante estes sete meses non se moveu do fondeo, e claro, eso non favorece para nada o efecto que se espera da patente.



Nestes meses que vai a estar no varadoiro, esperemos que ata abril, intentaremos:

- Botarlle a cuberta.
- Limpar e tratar o interior.
- Facerlle a casota do motor.
- Facerlle as tapas das bodegas.
- Poñer a punto o motor Larrán.
- Repasar a pintura.
- Darlle patente.
- Botala ó mar.

Xa vos iremos informando de como van as operacións.


by Palmeirán