jueves, 14 de abril de 2011

Seguimos pintando

Este pasado fin de semán seguimos dándolle minio con linaza.

O venres xa chegamos algo tarde, arredor das 6. Chicho e máis eu puxémonos a darlle ó pañol de proa, deixándoa lista para pintar.

Mentras, Carlos fregaba as táboas do plan.





O sábado xa se veu máis movemento abordo da Balbina.

Pepe liberou de estorbos o barco, baixando todo o que había dentro e estorbaba para traballar nel, e unha vez que chegou Juan Luis, o mecánico, que veu traballar no motor, se puxo a limpar o filtro e outras pezas, facendo de asistente do mecánico.


Fran Vázquez e Xose Lagares estiveron dando minio na popa e rematando de rascar algunhas zonas mal rascadas.

Eu me puxen co minio na bodega de proa.


A Miguel tocóulle asistir á clausura das Xornadas, pero prometeu vir pola tarde.

Juan Luis viña con gañas de arrancar o motor, pero veu que a maioría das pezas de movemento, estaban agarrotadas, co que se pasou toda a mañán desenferruxándoas e lubricándoas ata que se moveron perfectamente, desmontando o filtro que limpou Pepe con gasoil, e quitando a cadea que hai que sustituir. Tamén levou a manivela para facerlle un casquillo novo.

A partires das 3 da tarde, quedéime eu só, rematando o interior da popa, e parte da bodega de popa.

Sobre as 6 chegou Miguel, moi ben acompañado. Nada máis e nada menos que por Mar, a representante de Caixal Proxectos e Victor, o presidente da Federación, que quixo ver in situ o traballo que estamos a facer na Balbina.

E entre unha cousa e outra o tempo xa non dou para máis.

O vindeiro fin de semán a ver se nos xuntamos máis xente e lle damos un bó adianto a todos os traballos.

by Palmeirán

domingo, 3 de abril de 2011

DIA MOI PRODUCTIVO

Onte, sábado, foi un día moi productivo nos traballos que estamos facendo na Balbina. Eu cheguei ben cedo pola mañán para ir quitando as lonas e deixar a cuberta destapada para poder traballar, e xa empecei a lixar os baos da parte do motor para ir preparándoos para darlle a imprimación de fondo, e logo enminiar pola tarde.

Pouco despois empezaron a chegar patexeiros que tiñan que cumplir asistindo ás Xornadas polo Patrimonio, que volvían a tocar de novo no peirao de Lorbé. Francisco prometeu que cando acabasen me viría botar unha man.

Mais tarde chegou Fran que viña hoxe disposto a reforzar o bao da popa que tiñamos debilitado, e alá se puxo a eso, mentres eu seguía ca rebarbadora pequena lixa que te lixa. Estoy collendo tal dominio da rebarbadora eléctrica que casi me atrevería a facer esculturas con ela, todo é probar.

Fran decidéuse primeiro polo método de facer unha plantilla con caixas de cartón, pero en canto acabou a plantilla e a presentou sobre a táboa de iroko, non quedou moi convencido co resultado, e alá se foi falar co mestre carpinteiro Pepe. Eu non sei o que alí falaron pero Fran veu con ideas renovadas e cun barrote para trazar as formas, e alí se puxo.

En canto acabaron as xornadas, apareceu Francisco e alí se enfundou o mono de traballo, bueno, él prefire o modelo dúas pezas. Encomendámoslle a tarefa de descrabar e quitar as últimas táboas que estaban arrimadas ó trancanil e que nos servirán logo de plantillas para poñer nós as primeiras novas.

Quitou todas as táboas e as gardou, quedando a cuberta libre xa lista de todo para traballar. Sobre as tres tívose que ir, pero deixando o seu traballo feito

Fran e eu botamos alí todo o día saltándonos a comida, total, si ainda coméramos o venres, ¿qué razón había para volver a comer o sábado?. Din que hai serpes que comen unha vez ó més.

A primeira hora da tarde, e con gran espectación, xa que ata nos visitou unha excursión duns trinta camiñantes que estaban facendo unha ruta de sendeirismo, (¿ou se enterarían de que estabamos traballando na Balbina e virían apropósito?) Fran cortou o tableiro de iroko para sacar a peza que reforzaría o bao, subímola ó barco para presentala e facerlle os axustes pertinentes para axustala ó seu sitio, quedando casi lista a falta de atornillala ó bao vello.

Xa sobre as 8 e media da tarde acabamos de enminiar os últimos baos deixando a primeira man lista.

Agora hai que cambiar unha corda e uns medios baos que están apodrecidos. Tocaralle para a semán, a ver se da tempo. Tamén lle imos dar unha segunda man de minio (a ver se podo ir o venres) e o sábado poderíamos empezar coa cuberta.

Fai falla tamén que vaia un comando limpeza a limpar todo o interior do barco, aspirar todas as virutas, polvo e quitar todo de dentro para poder traballar máis a gusto.

Para a semán, máis e mellor.

by Palmeirán.

viernes, 1 de abril de 2011

EMPEZAMOS A DAR MINIO


Hoxe venres pola tarde, cun día de verán tremendo, empezamos a darlle o minio con aceite de linaza, para que penetre ben na madeira, ós baos.

Rematamos de darlle a primeira man a toda a sección dende o motor cara a proa.

En canto acabemos de enminiar os baos empezaremos a botar a cuberta.

Tamén temos que reparar un bao que está partido, que arranxaremos a ser posible mañán sábado.


Ante a escasez de Patexeiros, hoxe tiven que botar mán de reforzos externos, e Chicho prestóuse gostoso a botarme unha man co minio e tamén se ofreceu a axudarnos a botar a cuberta.

Mañán máis.

by Palmeirán

miércoles, 23 de marzo de 2011

A Balbina xa navega coa súa vela latina


.... eso sería o que todos quixéramos oir, a ver se para este ano vai.

De momento témonos que conformar con ver esta preciosa maqueta ca que amáblemente nos agasallou un bo amigo mariñeiro xa xubilado, de Pontedeume, o señor Lolo Placer Piñeiro.

Un regalo que apreciamos moitísimo e que levaremos a todas as mostras que fagamos. Xa estivo presente o primeiro día das Xornadas sobre o Patrimonio.











Esta maqueta danos unha idea a todos de como quedará a Balbina cando estea lista e aparellada coa súa vela latina, e como vedes está moi lograda, con todos os seus detalles característicos: os imbornais, a caseta do motor, a ponte de luces, a chimenea, etc..

Agora temos que pintar a maqueta coas cores orixinais da Balbina, ese azul ceo e bermello que sempre a caracterizaron.

Vendo estas imaxes, da a impresión de que o tempo se parou nos anos 50, cando a Balbina navegaba coa súa vela latina.

Estámoslle moi agradecidos Señor Lolo.

By Palmeirán

domingo, 20 de marzo de 2011


O pasado venres, catro Patexeiros (Pepe, Francisco, Fran Grandal e o Palmeirán) continuamos traballando na Balbina.

Nada máis chegar pasamos bastante tempo achicando a auga que nos entrou polas aberturas das lonas. O barco estaba encharcado. Menos mal que Pepe nos trouxo finalmente a bomba de achique e logo poidemos seguir traballando.

Dividímonos en dous comandos de traballo. Uns seguimos lixando ben os baos, quitándolle zonas mortas, masillando e dándolle a imprimación e deixándoos listos para aplicar o minio co aceite de linaza, mentres outros estiveron quitando pintura vella da parte da sentina por debaixo das taboas do plan, que na proa ainda non se lle quitaran.

Non poidemos arranxar o bao da popa que está tronzado por non ter a madeira axeitada. Esta operación quedará para a vindeira semán.

Estamos moi ilusionados porque pensamos que este ano acabaremos a tempo sen as presas da última hora que tivemos o ano pasado e ainda que estamos metidos en moitas frontes estamos cumprindo con todo: traballos na Balbina, asistencia a Xornadas GAC, asistencia a Asamblea Federación, etc...

Imos ben.

by Palmeirán

domingo, 13 de marzo de 2011

Pouca cousa

Este fin de semán pouco poidemos facer na Balbina.

Entre a asistencia ás Xornadas de posta en valor do Patrimonio Marítimo, e o desprazamento a Cambados para asistir á Asamblea da FGCMF estivemos ocupados todo o sábado.

Ainda así, o venres á tarde Carlos e máis eu achegámonos a Lorbé para acabar de lixar os baos, masillámolos e démoslle unha imprimación abundante de fondo, co que xa quedan listos para darlles o minio co aceite de linaza e pintalos se procede.


O vindeiro fin de semán máis.

By Palmeirán.

domingo, 20 de febrero de 2011

Isto xa vai collendo forma

Deste Sábado tivemos mais sorte. A climatoloxía nos axudou, e ala estivemos 5 patexeiros pola mañan e outro que dobrou turno porque o vindeiro sábado non estara.

Os traballos de rascado do interior do casco xa estan chegando a popa. Falta a sala da máquina, porque non colliamos todos alí. Durante a mañan estivemos a rascar todas as partes metálicas que se podína no motor, así coma o desengrasado con xabron potenete e abundanbte auga. Logo seguiu a limpeza en seco e con papel, para rematar de secalo ben.

E coma o dia se prestaba, ala fumos pola tarde a pintalo, porque se se deixa o ferro ao descuberto, para a seguinte semana vólvese a enferruxar, e non facemos nada.

Ainda non está acabado, e ainda hai que lle dar unha segunda man, pero ISTO VAI COLLENDO FORMA.

Agora xa está todo listo para empexar a montaxe de todas as pezas porparte do mecánico, e en breve xa intentaremos arrancalo de novo.

Sobre a sección madeira, a verdade e que dan medo. Da medo esta xente como traballa sen parar, alá agachados toda a mañan sen pestañear. Alá estiveron o Carlos, o Pepe e mais o Francisco, mentras Jaime e mais eu quedamos coa sección metal.

Quedou case todo rascado, porque a parte de Popa xa se vai poñer nova. Logo vira o tratamento para protexer a madeira, a pintura, e por fin, a cuberta.

De momento, vos deixamos unhas fotos (mal sacadas co movil) de como vai quedando o motor: