jueves, 14 de abril de 2011

Seguimos pintando

Este pasado fin de semán seguimos dándolle minio con linaza.

O venres xa chegamos algo tarde, arredor das 6. Chicho e máis eu puxémonos a darlle ó pañol de proa, deixándoa lista para pintar.

Mentras, Carlos fregaba as táboas do plan.





O sábado xa se veu máis movemento abordo da Balbina.

Pepe liberou de estorbos o barco, baixando todo o que había dentro e estorbaba para traballar nel, e unha vez que chegou Juan Luis, o mecánico, que veu traballar no motor, se puxo a limpar o filtro e outras pezas, facendo de asistente do mecánico.


Fran Vázquez e Xose Lagares estiveron dando minio na popa e rematando de rascar algunhas zonas mal rascadas.

Eu me puxen co minio na bodega de proa.


A Miguel tocóulle asistir á clausura das Xornadas, pero prometeu vir pola tarde.

Juan Luis viña con gañas de arrancar o motor, pero veu que a maioría das pezas de movemento, estaban agarrotadas, co que se pasou toda a mañán desenferruxándoas e lubricándoas ata que se moveron perfectamente, desmontando o filtro que limpou Pepe con gasoil, e quitando a cadea que hai que sustituir. Tamén levou a manivela para facerlle un casquillo novo.

A partires das 3 da tarde, quedéime eu só, rematando o interior da popa, e parte da bodega de popa.

Sobre as 6 chegou Miguel, moi ben acompañado. Nada máis e nada menos que por Mar, a representante de Caixal Proxectos e Victor, o presidente da Federación, que quixo ver in situ o traballo que estamos a facer na Balbina.

E entre unha cousa e outra o tempo xa non dou para máis.

O vindeiro fin de semán a ver se nos xuntamos máis xente e lle damos un bó adianto a todos os traballos.

by Palmeirán

No hay comentarios:

Publicar un comentario