Este sábado pasado tiñamos quenda de traballo na Balbina os dous Franciscos Patexeiros (López e Vázquez). Cargamos o bote co achicador, as ferramentas, unha nova remesa de madeira e con ordes de rematar a cuberta dunha vez. Malia as ameazas do de Palmeira esquecemos en terra uns neumáticos que había que poñer para aguantar as lonas, outra vez será.
Colocamos 5 táboas das que rematan en punta na proa e puxemos o peche do espazo que vai entre a cabina e un tambucho. Para o próximo día son todas tiradas máis curtas. Decatámonos de que non avanzamos de forma totalmente simétrica hacia a fogonadura, hai unha diferencia de centímetro e medio aproximadamente. A priori eu botáballe a culpa a nosa neglixencia como carpinteiros, pero non hai moito espazo para o erro cando todas as táboas coas que traballamos son iguais, probablemente é un problema unha característica da propia Balbina.
Por suposto que non rematamos pero dimos un paso máis, ímonos aproximando asintóticamente ao fin da restauración.
Teño a sensación de que as táboas desta remesa son mais fraxiles ca as anteriores, haberá que ver que resultado dan co paso do tempo.
Mentras estabamos traballando fixeronnos unha visita Roberto e a sua parella que se dirixian ao seu fermoso veleiro para dar unha volta. Roberto é un vello patexeiro que agora se reincorpora á asociación. Benvido de novo.
Non imos publicar fotos de como vai a restauración porque, ainda que tíñamos a bordo unha cámara reflex dixital co seu trípode, non quedamos contentos cos documentos gráficos porque a iluminación non era a máis idonea. :-P
Saudos Patexeiros.













