Nesta Semana Santa, seguimos os traballos coa Balbina. Foi difícil, porque o tempo non estivo nada bo, pero ahí estivemos.
Luns, martes e mércores alá estiveron Fran, Francisco e Pepe, nos ratos que o traballo ou o tempo lles deixou para continuar coa cuberta. Logo, o xoves fumos Jaime, Ana, Martiño, e mais eu a intentar darlle os últimos toques ao casco, e onte sábado alá estiveron Francisco, Martiño e Pepe seguindo coa cuberta, mentras o Jaime e máis eu nos adicamos a outras labores loxísticas.
A verdade que a cuberta está a quedar francamente ben. ¿Quén dixo que os cursiños dos Patexeiros non tiñan un Post Grado?. Ahí o tedes, despois de facermos o cursiño, alguns fixeron un "Master" en colocación de cubertas. E lles está quedando moi ben, por certo.
E como non, a pintura. Mentres uns botaban toda a patente que a choiva nos permitiu, outros pintabamos a nosa identidade nas amuras e nas aletas do barco.
Hai traballos agradecidos, pero este de pintar un folio dun barco que hai 3 anos estaba condenado ao desmantelamento, de verdade que e dos mais pracenteiros. O que costou que este xoves puideramos chegar a pintar ese número.....
Pero xa está, xa está salvado, e xa está ahí, que é o que conta en definitiva.
Agora, xa pouco queda. Tan só rematar a cuberta, da que queda só a parte central, rematar de pintar no interior, e facer as tapas dos tambuchos.
Pero iso xa será no mar. Alá levaremos a nosa maquinaria no auxiliar e a seguir traballando.
by Miguel
Felicidades á pintora. O nome e o folio quedaron preciosos. E esa cuberta semella feita por mestres carpinteiros. Os Patexeiros non só recuperamos e preservamos o patrimonio marítimo senón que tamén salvagardamos os oficios vencellados a él.
ResponderEliminar