lunes, 14 de febrero de 2011

Proseguen os traballos de rascado e limpeza

O pasado sábado día 12 continuamos co rascado e a limpeza das bodegas.

Pouca xente se veu ese día a bordo da Balbina, deberon pensar que chovería e non acudiron á chamada.

Fran, como sempre, foi o primeiro e aproveitou para ir pasando todo o que había no pañol e levalo á bodega de proa que xa estaba rascada.




Eu cheguei tarde, pero compenséino quedándome todo o día traballando para adiantar o máximo posible.

Ás 7 da tarde xa tiña rascado casi todo o pañol, e parte da sala da máquina, limpado e quitado todos os restos de pintura para fora.

Como podedes ver nas fotos, a madeira atópase nun estado de conservación impecable.












Como traballar nas bodegas todo o día, abaixado, cansa bastante, e sobre todo no compartemento do motor, que queda menos espazo, nos últimos minutos estiven lixando a ferruxe do motor.




Lixei o volante, que quedou co aceiro á vista, e tamén limpei un pouco as tuberías de refrixeración de cobre, quedando brilantes, só para ver o efecto que terían co motor acabado..



O vindeiro día máis...

By Palmeirán

miércoles, 2 de febrero de 2011

Continúan os traballos na Balbina: rascado e limpeza

O pasado sábado, o Comando Balbina, continuamos dándolle caña ó noso barco insignia.

Uns arrincando (ou metendo) puntas e clavos, outros rascando e lixando a pintura vella, outros limpando o motor, e outros, como non, dirixindo.





Arrincáronse todas as puntas da cuberta, antes de nada, para poder traballar máis seguros, sen preocuparnos de cravar unha punta enferruxada.












Logo, nos puxemos co rascado utilizando distintas técnicas: dende o rascador manual, ata a mini radial, pasando pola radial con cepillo de arame. Cada un tiña a súa preferencia, e como ésta é unha Asociación moi democrática, respetábase a opinión de cada un.










Atopámonos que a madeira, grazas ó seu tratamento de alquitrán, está como nova.









Mentres, uns rascaban e lixaban, outros traballaban desengrasando a parte do motor. Aquí ainda teremos que insistir máis, e tamén rascaremos o motor para o posterior pintado.














Ó rematar a xornada, vaise tapando a cuberta para que as choivas non aneguen o barco e teñamos que achicar cada día.








E así queda toda tapadiño ata o vindeiro sábado que volveremos a atacarlle.


Grazas a todos os que están colaborando nos traballos, tanto Patexeiros como amigos pertecentes a outras Asociacións amigas.


by Palmeirán

domingo, 23 de enero de 2011

Desmontando a cuberta

Bo Ano a Todoas/os. Como seguramente xa saberedes, o 2011 vai ser o ano internacional dos Patexeiros, mais ou menos. Neste ano, si, seguro que si, poderemos xa navegar coa Balbina.

En calqueira caso, xa estamos nun punto de non retorno, porque o pasado sábado comenzamos tímidamente os traballos no noso buque insignia, pero onte...onte si que foi unha xornada gloriosa.

Arrancamos o ano con moita ilusión , e onte Arrancamos o dia con moito ánimo, traballando no barco, e arrancamos esa espiña que tiñamos cravada de que non somos quen de facelo traballo, e sobre todo:

ARRANCAMOS A CUBERTA TODA !!!!

Por iso estamos nun punto de non retorno. Agora xa non temos so a obriga moral de ter rematado o barco canto antes, senon que e unha obriga físca, que se non apodrecerá.


Agora quera o traballo de limpalo e pintalo ben por dentro, reforzar os baos que estea mal, e empezar Xa a reconstrucción.

Pola outra banda, no Comando Motor, estivemos a desmontar todos os elemento auxiliares, e incluso conseguimos (estivo complicado) sacar o émbolo da bomba de aspiración de auga de refrixeración. Como era de sospeitar, o émbolo estaba mal, e hai que sustituir a membrana, que por certo e de coiro.
Moitísimas gracias a todos os que vos sumástedes a este proxecto, e parabens porque estades a facer un traballo moi bo. Non sei exactamente por qué mecanismo bioquímico, pero en xornadas coma as de estes dous sábados que levamos, estase creando alá una especie de atmosfera de benestar e ledicia francamente inigualable. Estou absolutamente seguro que estar traballando na Balbina non e recomendado por 10 de cada 9 médicos sinxelamente porque non nos coñecen. Imaxino perfectamente ao Eduard Punset entrevistando a un sociologo deses da universidade de por exemplo Minnesotta: "-Then, Dr. Johanstron, Do you thing that the brain would become perfect by working under the"Patexeiran way of life"?.....
O que lle apeteza vir a botar unha man ou curiosear, xa sabedes onde estamos, todos os sábados de 9 as 2 da tarde no porto de Lorbé, xunto á carpintería de Pepe. Ala nos poderedes ver reconstruindo coas nosas propias mans o que foi o derradeiro Patexeiro de Galicia,
Ou....
¿deberiamos dicir do Mundo?


domingo, 19 de diciembre de 2010

A Balbina xa está de novo en Lorbé

Este pasado sábado remolcamos de novo a Balbina ó estaleiro de Pepe en Lorbé, donde lle imos a facer unha serie de traballos durante este inverno, que esperemos que den os seus froitos e no verán poida xa navegar polo menos a motor, e luzca a súa inconfundible fasquía pola ría de Sada.


Saímos da bocana do porto de sada sobre as 11:45 remolcados pola Zodiac do CNRS, que como sempre, colabouran connosco en todo o que necesitamos e arribamos ó varadoiro de Lorbé ás 13:00.


Ó longo da a travesía, aproveitamos para achicar o barco e limpar a cuberta, moi atacada polas amigas gaivotas.


A primeira impresión nada máis sacala do mar foi que as patentes de agora xa non son como as de antes. Tras sete meses despois de botala ó mar, nalgúns sitios xa tíñamos mexilón pa facer unhas cantas paellas, o arneirón tamén empezaba a verse nalgunhas partes, e noutra parece que a patente non agarrou ben.





Hai que ter en conta que durante estes sete meses non se moveu do fondeo, e claro, eso non favorece para nada o efecto que se espera da patente.



Nestes meses que vai a estar no varadoiro, esperemos que ata abril, intentaremos:

- Botarlle a cuberta.
- Limpar e tratar o interior.
- Facerlle a casota do motor.
- Facerlle as tapas das bodegas.
- Poñer a punto o motor Larrán.
- Repasar a pintura.
- Darlle patente.
- Botala ó mar.

Xa vos iremos informando de como van as operacións.


by Palmeirán

martes, 2 de noviembre de 2010

EMPEZAN OS TRABALLOS DE INVERNO NA BALBINA


Ainda que durante o verán a Balbina está alí, en Sada, tranquiliña, fondeada, e parece que a temos olvidada porque estamos disfrutando navegando cos outros barcos, agora que chega o inverno é o seu turno.

En novembro volverá ó carro e intentaremos arranxar o motor, a bomba de auga, botarlle a cuberta, facerlle a casota e as tapas das bodegas.

A ver se o damos feito ou todo son declaracións de intencións.

Como aperitivo vos deixamos o magnifico traballo que fixo Miguel limpando e pintando o cadro, e instalando o manómetro de glicerina que consigueu Palmeirán.

domingo, 13 de junio de 2010

O motor da Balbina arrancou

Hoxe, dia 12 de xuño de 2010, aconteceu un feito que nos enche de ledicia e de orgullo. O meu cuñado Juan Luis, antíguo mecánico de motores mariños, quedou en vir vernos o motor e darnos unha opinión sobre o seu estado.

Sobre as 10:45 da mañán subimos a bordo da Balbina. Juán Luis empezou por botarlle un vistazo, pero en seguida me dixo "abre a caixa de ferramentas e dame un destornillador". É un home de acción, él non vén só a ver. Enseguida me fai comprobar o ruido que emiten os inxectores a base de apoiar un destornillador contra eles e escoitar coa orella pegada. Flipante..... óese como rascan.



De seguido da orde de quitarlle as tapas das culatas, e vemos as válvulas ó aire, comproba que non teñan folguras, e proba a mover o volante coa manivela. O descompresor está agarrotado. Non hai problema, cuns golpiños de martelo consige solucionalo enseguida.

Fainos falta un mechero para prender as mechas. Non temos. Miguel ten que ir a terra a mercar un.

O volante de inercia está cuberto de auga que a choiva meteu a bordo. Empezo a achicar, quito máis de 50 capazos de auga da sentina.

Chega Miguel cos mecheros. Trae dous do mundial. Un deles pon "Si podemos". ¿Será boa sinal?

Metemos as mechas e prendémoslle lume, metémolas nos inxectores. Intentamos arrancar. Juán Luis dalle á manivela e eu estou ó mando do descompresor. Non arranca.



Move as válvulas, quitamos as mechas, están apagadas. Volvemos a encendelas e volvemos a intentar arrancar. Segue sen ir.

Tras varias comprobacións e regulacións, segue intentándoo, non da o brazo a torcer. Intentámolo máis dunha ducia de veces e cada vez coa mesma rutina, quitar as mechas, volvelas a prender e metelas de novo, voltas á manivela e liberar o descompresor.




Intentámolo cun bote de autoarranque. Parece que quere ir. Juan Luís nos dí, esto vai a ir.

De repente vemos que chega David que vai no chinchorro para o Tina Husted, abarloa ó noso carón e sube a bordo. Está moi interesado na operación.

Intentámolo dúas veces maís , cambiamos as mechas por unhas máis novas. Juán move a manivela, eu acciono o descompresor , pedímoslle a David que comprobe se sae fume pola cheminea. Dámoslle caña, e David nos dí que sí que sae una pequena bocanada de fume.

Seguimos tentándoo co autoarranque. Juán á manivela e dando as ordes, David observando a cheminea, Miguel metendo unha man polo portillo da casota e disparando o spray autoarranque, e eu no mando do descompresor .




De repente, xa sobre as 14:30 da tarde, nunha destas rutinas, o motor arranca, empeza a sair fume pola cheminea e Juan Luis controla o mando do acelerador para que non se cale. Soa moi ben, SÓA A GLORIA. Él nos día que hai un traqueteo raro, pero o díto, a nós sóanos a gloria.




Doulle a cámara a Miguel para que saque un vídeo, pero está tan emocionado que graba e para a grabación en cuestión de segundos, co que non temos documento de tan importante momento.

Juan Luis nos fai comprobar se sae auga polo costado de babor. Debería sair a auga da refrixeración do motor, pero non sae nada, volve a preguntar de novo, non sae nada. A bomba de auga non funciona, e antes de que se queime o motor opta por apagalo. Foi un escaso minuto, pero a Balbina arrancou e estivo co motor en marcha durante un minuto.



Somos optimistas, o peor xa pasou, o motor, tras moitos anos parado, funciona, ¡¡¡¡funciona!!!!. Agora é cuestión de limpalo, cambiarlle aceite, comprobar os inxectores, regulalo, meterlle gasoleo novo (a todo esto as probas fixémolas co gasóleo que había no tanque dende fai anos, e ainda así arrancou). E a ver se dentro de pouco a Balbina pode facer unha singladura sen ser remolcada.

Balbina volve á casa - Xuño 2009

O pasado 6 de xuño a Balbina é remolcada dende Lorbé ó porto de Sada polo pesqueiro noruegués Tina Husted.

Case que con puntualidade inglesa chegou David co seu Tina Husted a Lorbé.


Coa colaboración dun amigo de Lorbé que nos axudou a levar a gamela a terra, e estivo pendente en todo momento da manobra, amarramos a Balbina ó Tina Husted, sempre coa supervisión de David, e Martiño patroneando a Balbina.



Empeza a manobra de amarre.



O Tina Husted enseguida empezou a coller velocidade e arrastrando a Balbina, que se empeñaba en querer adiantar ó seu remolcador.

En seguida abandoamos a enseada de Lorbé e navegamos cara ó porto de Sada.

Aproveitamos para ir valdeando a cuberta de argazo acumulado, e achicando a auga da chuvia dos días anteriores.

Os timonéis vanse turnando para notar as sensacións de levar a Balbina.


Sobre a 1 da tarde entramos no porto de Sada, e cunha precisa manobra de David, nos deixou clavados na boia dónde íamos a fondear.


Grazas a David por remolcarnos, a Maca por ir controlando o amarre á popa do Tina Husted e ó amigo de Lorbé por estar pendente de nós en todo momento.

A Balbina xa está na casa.