sábado, 16 de febrero de 2013

Traballando na cuberta


Ademáis do gripazo descomunal que me tivo fora de combate por dúas semáns, o tempo tampouco nos axudou moito. Este inverno foi moi duro en temporais e choivas. De todos os días que estiven en Lorbé, dende que varamos a Balbina, prácticamente choveu todos, co que só podía ir á cuberta nos momentos que había unha pequena tregua coa choiva.


Hoxe, sábado, por fin, por fin un día que non chove e puden ir traballar á cuberta da Balbina, ainda que non puden traballar todo o tempo que quixera porque había outros compromisos  a nivel de relacións da Asociación que tamén houbo que atender.

Estiven dúas horas escasas nas que me adiquei a achicar a Balbina,  que volvía a ter bastante auga, e a despexar a cuberta de proa para intentar rematar de botarlle eses tramos que quedaron sen botar do ano anterior.

As dúas táboas de madeira que quedaban só me deron para o tramo que vedes.

Agora teño que preparar unha pouca madeira máis para colocar o que falta e rematar.

Intentaréino pola semán se o tempo me deixa.

Palmeirán.

viernes, 1 de febrero de 2013

Segunda man ós cuarteis

Hoxe venres, o tempo non deixaba nin sacar a cabeza fora. Choiva, e choiva, e máis choiva.

Houbo que traballar dentro do local, así que aproveitei para darlle a segunda man de Xylazel lasur ós dous cuarteis que xa están feitos, e así deixalos a secar e en canto sequen, listos para colocar.

O do pañol de popa, tratado con Xylazel lasur Teka, con esta segunda man queda un pouco máis oscuriño, pero moi bonito.

O da bodega de popa tamén colleu unha tonalidade máis bonita nesta segunda man, co lasur Roble que lle demos.

Como acabei moi rápido de aplicarlle a segunda man, e como non se podía sair afora a cuberta da Balbina, nin se podía levantar polvo no local preparando máis madeira, aproveitei para ordear un pouquiño o local patexeiro, colocando a madeira a utilizar toda xunta, e limpando un pouquiño, que sempre se agradece ter o taller adecentado.

A ver se o tempo nos deixa continuar na cuberta.


jueves, 24 de enero de 2013

Rematados os cuarteis de popa

Pois hoxe rematei os dous cuarteis de popa, o do pañol de popa e o da bodega.

Lixei os tapíns que quedaron pegados do día anterior, e dinlle unha man de Xylazel roble ó cuartel da bodega de popa.

No cuartel do pañol ainda faltaba meter unha táboa e máis o pecho, e hoxe coloquei as dúas.

Tamén lixei todos os tapíns deste cuartel e apliquéille unha man de Xylazel teka, como vedes queda moi ben.

Agora queda empezar coas brazolas da caseta do motor e da bodega e pañol de proa, pero se o tempo segue sen darnos tregua teremos que pospoñelo ata que despexe.


martes, 22 de enero de 2013

Xornada de achique e traballo nos cuarteis

Hoxe facía un frío en Lorbé que botaba para atrás. Estiven esperando a que parara de chover para achicar a Balbina, pois xa tiña moita auga.

Por fin dou unha tregua e conectei a bomba e a deixei achicando unhas horas ata que quedou casi vacía.

Mentras, e como o tempo segue sen deixarnos traballar na cuberta da Balbina, continuei traballando nos dous cuarteis de popa que están a medio rematar.

Fíxenlles os tapíns para os dous, encoléinos e coloquéinos.

O do pañol de popa segue pendente de colocar unha taboa, ó final vou a ter que usar dúas, ainda que quede un pouco asimétrico, pero hai que usar o material do que dispoño no taller.

Así queda este cuartel cos tapíns colocados a falta de lixalos.

No cuartel da bodega de popa tamén deixei colocados todos os tapíns, que os fixen nunha madeira oscura (de samanguila) para que fixeran un pouquiño de contraste co claro do piñeiro.

Ainda que os hai que deixar secar, fixen unha pequena proba lixando uns cantos para darme unha idea do acabado final, e así vai quedando.

Tamén lle din unha segunda man de fondo protector.

A ver se o seguinte día os podo deixar rematados e listos para darlle o lasur Xylazel.

Palmeirán.

viernes, 18 de enero de 2013

Casi listo o cuartel da bodega de popa

Tal e como víchedes na entrada anterior, xa deixara cortadas as táboas para cubrir o bastidor.

Hoxe reforcei as unións cuns ángulos de madeira e logo empecei a colocar as táboas. Deixéille un pequeno alero de 2 cms por estética e para poder levantala con facilidade.

O ensamble das táboas realízase bastante rápido. Son machiembradas, porque era a madeira que tiñamos dispoñible no local e hai que utilizala. Aprétoas un pouquiño co sarxento e atornilloas.

Os tornillos van embutidos e logo levarán uns tapíns.

Unha vez rematada de ensamblar dinlle unha pasada ca lixadora de banda para igualar as unións e matar os cantos.

Rematado o proceso de lixado apliquéille unha man de Xylazel Fondo para protexelo dos fungos da pudrición e da bichería.

Dinlle tamén pola parte de dentro e así a deixei por hoxe.

Agora hai que esperar a que seque ben, poñerlle os tapíns, lixalos, darlle unha segunda man de fondo protector e aplicarlle o lasur Xylazel Roble.

Así que penso que mañán non o vou a facer porque con este tempo non vai secar ben. Xa veremos.

Palmeirán


sábado, 12 de enero de 2013

Empezamos o ano traballando na Balbina

Pois despois de estar coa preparación da Gala de peche de tempada da Asociación e tras o parón navideño que me fun para a miña terra, empezamos o ano traballando na Balbina.

O venres acheguéime a ela ó estaleiro para botarlle un vistazo e baldeala con auga do mar, que xa estará cansada de beber tanta auga doce que caeu nas navidades.

Despóis de baldeala funme ó local ca idea de empezar a preparar o armazón para o cuartel da bodega de popa.

Cortei e preparei as táboas e dinlles a curvatura da cuberta.

Despóis de lixalas e igualalas empecei a facerlles as colas de milano para as unións.

Antes de irme deixéinas presentadas.

O sábado pola mañán fíxenlle un reforzo central ó armazón, ensambléino e encoléino e quedou casi listo a falta de colocarlle as escuadras de reforzo nas unións, que xa teño casi rematadas.

Tamén cortei xa as táboas necesarias para a cubrición do cuartel.

O seguinte día ensamblarei todo o conxunto e intentarei deixalo rematado.

Palmeirán

jueves, 15 de noviembre de 2012

Armando as brazolas da bodega de popa

Outra escapada máis a Lorbé ó mediodia.

Antes de empezar co traballo tiven que achicar o barco porque as choivas dos últimos días fixeron que tivera bastante auga dentro.

Unha vez rematado o achique, estiven armando as brazolas da bodega de popa. Xa as tiña feitas de fai unhas semáns, e hoxe me puxen a asentalas no seu sitio, e unha vez asentadas, fixalas con uns bos tornillos de cabeza exagonal de inox.

As unións van a media madeira, xa que facer unha media cola de milano complicábaseme un pouco.

Practiquéille un pequeno rebaixe para que tapara as cabezas das táboas da cuberta.

Os tornillos van embutidos e irán cubertos cuns tapíns.

Ainda que non están rematadas, porque faltan os tapíns, dinlle unha man de Xylazel Roble Claro para deixalas protexidas do sol e da choiva.

Tamén xa tomei as medidas para empezar, o seguinte día, a facer o cuartel desa bodega.

Palmeirán