miércoles, 27 de abril de 2011

Xa falta menos

Aquí tedes unha imaxe de como van os traballos na cuberta da Balbina. A sección de popa está casi rematada a falta da taboa de peche.


Dende o tambucho de popa ata a proa faltan unhas cantas táboas tamén por poñer, pero quedamonos sen madeira, e mañán terá que ir para o mar porque o estaleiro necesita o carro. Así que teremos que acabar os traballos a bordo.

Xa temos desculpa por se nos din que non quedou moi ben, botarémoslle a culpa ó "balanse".

By Palmeirán

1 comentario:

  1. Boas nenos:

    Hai unha punta mal clavada nas taboas de arredor do tambucho. Non vou dar detalles para ver se o atopades.
    Agora xa non ten remedio, pero hai que fixarse coño!. Sete quilos de puntas tampouco son tantas. X-D

    Unha aperta .

    ResponderEliminar